Abrir o menú principal

Berta Guimaraens

escritora gastronómica galega

Berta Guimaraens Caruncho, chamada Totina, nada na Coruña en 1929 e finada na mesma cidade o 4 de xuño de 2016 foi unha escritora gastronómica galega.

Berta Guimaraens
AlcumeTotina
Nacemento1929
 A Coruña
Falecemento4 de xuño de 2016
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu nunha familia numerosa, con trece irmáns: ela era unha das máis fillas máis novas do chileno José Martín Guimaraens Stevenson e María Caruncho Astray. Despois de estudar o bacharelato na Compañía de María da Coruña accedeu á función pública. Socialmente tivo unha relevancia na cidade coruñesa, ao ser a impulsora e fundadora da asociación Convivencias Culturales, que desde 1961, e durante os anos últimos do franquismo, organizou conferencias de debate e reflexión. Entre os convidados de Convivencias Culurales estiveron disidentes ou persoas críticas coa ditadura, como José María de Llanos, José María Díaz Alegría, Joaquín Ruiz Giménez, José Luis López Aranguren, ou personalidades internacionais como Fernando Cardenal e o bispo salvadoreño Ignacio Ellacuría. A Asociación disolveuse en 1995.

Compaxinou a súa actividade profesional, e logo a súa xubilación, coa súa faceta como divulgadora gastronómica, pois impartía clases de cociña e escribiu catro coleccións de recetarios.

ObraEditar

  • La cocina siempre está abierta a las recetas de Berta (1986)
  • La cocina sigue abierta a las recetas de Berta (1987)
  • Berta culmina su trilogía de cocina (1989)
  • Las recetas de Totina y el sabor de su cocina: apéndice de la "Trilogía culinaria" (2001)