Berriasiano
O Berriasiano é unha división da escala temporal xeolóxica, é a primeira idade ou piso do Cretáceo inferior. Esténdese desde 145,0 até 139,8 millóns de anos atrás, aproximadamente.[1] A idade berriasiana sucede á titoniana (última do período Xurásico) e é anterior á valanxiniana. Nesta idade, dos saurópodos abundan os titanosauros, os dinosauros aviares diversifícanse rapidamente e moitos outros grupos de dinosauros agrándanse tales como os terópodos, ceratopsianos e ornitópodos.
Notas
editar- ↑ "International Commission on Stratigraphy: International Chronostratigraphic Chart v2015/01" (en inglés). xaneiro de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015.