Bernardo Bermúdez Jambrina

actor e escritor galego

Bernardo Bermúdez Jambrina, coñecido como Bernardo Jambrina, nado en Donostia o 27 de febreiro de 1883 e finado en Avilés o 6 de marzo de 1918[1][2], foi un actor e escritor galego.

Infotaula de personaBernardo Bermúdez Jambrina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Avilés, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do capitán Domingo Bermúdez Grille, naceu en Donostia, pero trasladouse coa familia a Coruña con pouco máis dun ano, onde se iniciou como actor. Participou na Escuela Regional de Declamación, da que foi director artístico até 1905. Nese ano declamou o monólogo La Huega, orixinal de Galo Salinas, nun teatro da Coruña. Despois pasou a formar parte da compañía de Enrique Borrás coa que fixo unha xira por América. Chegou a ser memorable en América. O 18 de outubro de 1908 foi homenaxeado pola colonia galega da Habana. Regresou a España en 1917. Cando estaba facendo unha xira por Asturias, morreu nun accidente de automóbil nunha viaxe entre Avilés e Castrillón. Escribiu poemas en galego. Colaborou en Coruña Moderna, Eco de Galicia, Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. En 1913 publicou como folleto o poema "Renacimiento". Foi redactor do periódico La Lucha. Ramón Fernández Mato recolleu os seus versos e publicounos en Galicia en 1919.

Vida persoal editar

Casou coa actriz Eloísa Muro.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar