Bernardino Varela do Campo

mariño e político galego
(Redirección desde «Bernardino Varela Docampo»)

Bernardino Varela Docampo, nado na Coruña en 1889 e finado na mesma cidade o 24 de marzo de 1944,[1] foi un mariño e político galego.

Infotaula de personaBernardino Varela do Campo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1889 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1944 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElvira Bao Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís Freire. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro Pardo, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González, Salvador Mosteiro, Francisco Abelaira, Bernardino Varela e Manuel María González.[2]

Piloto e capitán da mariña mercante. Fundou a Escola de Náutica da Coruña onde foi profesor de Cosmografía e Navegación. Foi administrador da empresa Castromil.[3] Militou na Irmandade da Fala da Coruña e foi un dos asinantes do Manifesto Nacionalista da Asemblea de Lugo. Despois militou no Partido Galeguista e foi secretario do periódico A Nosa Terra. Traduciu ao galego textos para as representacións teatrais das Irmandades. Foi o editor do primeiro conto para nenos en galego.

Vida persoal editar

Casou con Elvira Bao Maceiras e foi pai de Elvira e de Bernardino Varela Bao.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 25-3-1944, p. 3.
  2. Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3. 
  3. Galicia. Diario de Vigo, 25-10-1922 , p. 2.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar