Bernardino González Vázquez
axente comercial e exárbitro de fútbol galego
Bernardino González Vázquez, nado en Frankfurt (Alemaña) o 29 de marzo de 1966, é un ex-árbitro de fútbol galego. Pertence ao Comité Galego de Árbitros de Fútbol, e arbitrou na Primeira División Española entre o 2001 e o 2010. Amais de árbitro é axente comercial, e reside en Ourense.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1966 ![]() Frankfurt, Alemaña ![]() |
FIFA referee (en) ![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | árbitro de fútbol, axente comercial ![]() |
Período de actividade | 2001 ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Familia | |
Parentes | Zulema González, filla da irmá ![]() |
Traxectoria
editarLogo de arbitrar en categorías inferiores, debutou na Primeira División de España o 16 de setembro de 2001 no Estadio Manuel Ruiz de Lopera, nun encontro entre o Real Betis e o Real Madrid. En 2005 acadou a escarapela FIFA, e nese mesmo ano arbitrou a final do Campionato Europeo de Fútbol sub-17 de 2005 celebrado en Italia, entre Turquía e Holanda.
A súa última tempada na Primeira División foi a 2009–10.
Notas
editar- ↑ "El arbitraje te forma como persona". La Región (en castelán). 23 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 06 de marzo de 2019..