Berenguer de Cruïlles
Berenguer de Cruïlles, nado en Peratallada en 1310 e finado en Barcelona no verán de 1362, foi bispo de Xirona (1349–1362) e o primeiro presidente da Generalitat de Cataluña (1359–1362), nomeado polas Cortes de Cervera.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1310 Peratallada, presumiblemente |
Morte | 26 de xullo de 1362 (51/52 anos) Barcelona |
1º Presidente da Generalitat de Cataluña | |
1359 – 1362 ← sen valor – Romeu Sescomes (en) → Electo en: Catalan Courts of 1358 (en) | |
Bispo de Xirona | |
22 de marzo de 1349 – 26 de xullo de 1362 ← Arnau de Montrodon (en) – Ènnec de Vallterra (en) → | |
Deputado eclesiástico da Deputación do General de Cataluña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Aragón |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Abade |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | sacerdote católico , político |
Lingua | Lingua catalá |
Consagración | 22 de marzo de 1349, Antonio de Alexandria (pt) |
Familia | |
Pais | Bernat de Cruïlles i de Peratallada (en) e Gueraua de Cabrera (en) |
Irmáns | Jofre Gilabert de Cruilles (en) , Q106874274 , Q110400893 e Q110400965 |
Traxectoria
editarOs historiadores consideran probable que Berenguer de Cruïlles tivese as súas orixes familiares en Cruïlles, que o seu pai fose Bernat de Cruïlles i de Peratallada e a súa nai Gueraua de Cabrera, malia a ausencia de probas documentais. Rematando a súa carreira eclesiástica, sucedeu a Arnau de Mont-rodon como bispo de Xirona. Enérxico, defensor da Inquisición e preocupado pola herexía, foi bispo nun período marcado polas guerras constantes e os efectos da peste negra, que supuxo a morte dun terzo da poboación.
Foi escollido primeiro representante do brazo eclesiástico do que daquela se chamaba Deputación do Xeneral de Cataluña e máis adiante pasaría a chamarse Generalitat de Cataluña. Dende a presidencia desta institución velou polo cumprimento do acordo que a Corte de Cervera asinara co monarca Pedro IV de Aragón por axudalo na guerra dos dous Pedros (1356–1369), e que comportaba a substitución dos impostos arbitrarios anteriores a un único imposto legal e estable.[2] Bo diplomático, consérvanse moitas das súas cartas e sábese das súas súas accións decididas contra a corrupción da época, actuando con dureza diante de casos concretos, establecendo o cobro dos subsidios a través dun síndico local ou impulsando a redacción do Llibre verd dels feus.
Predecesor: Primeiro no cargo |
Presidente da Generalitat de Cataluña 1359-1362 |
Sucesor: Romeu Sescomes |
Notas
editar- ↑ Solé i Sabaté 2003.
- ↑ Gordo-Guarinos 2000, p. 92.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gordo-Guarinos, Francesc (2000). De Berenguer de Cruïlles a Jordi Pujol: els 125 presidents de la Generalitat de Catalunya. Lleida: Pagès Editors. ISBN 84-7935-703-7.
Ligazóns externas
editar