Beren and Lúthien

libro de J. R. R. Tolkien

O conto de "Beren e Lúthien", presente en varias obras de J. R. R. Tolkien, é a historia do amor e aventuras do home mortal Beren e a inmortal dama elfa Lúthien. Tolkien escribiu varias versións da historia, a última recollida no Silmarillion, e o conto tamén é mencionado no Señor dos Aneis. A historia ten lugar durante a Primeira Idade da Terra Media, uns 6 500 anos[1] antes dos eventos do Señor dos Aneis.

Beren and Lúthien
Tipoobra literaria Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofantasía épica Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aJ. R. R. Tolkien Editar o valor en Wikidata
Ilustrador/aAlan Lee Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalBeren e Lúthien Editar o valor en Wikidata
Ambientado enTerra Media Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiolegendarium de Tolkien Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeReino Unido Editar o valor en Wikidata
EditorialHarperCollins Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Dimensións
Páxinas297 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Goodreads53286704 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL24195189W Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Beren, fillo de Barahir, cortou un silmaril da coroa de Morgoth como dote para Lúthien, filla do rei elfo Thingol e Melian a maia. Foi asasinado por Carcharoth, o lobo de Angband, mais Beren foi o único dos homes mortais que regresou de entre os mortos. Viviu entón con Lúthien en Tol Galen, Ossiriand, e loitou contra os ananos en Sarn Athrad. Era o bisavó de Elrond e Elros, e polo tanto, devanceiro dos reis numenorianos. Despois do cumprimento da busca do silmaril e da morte de Beren, Lúthien escolleu ser mortal e compartir o destino de Beren.[T 1]

Tolkien baseou varias ideas do conto a partir do seu amor pola súa esposa (Edith) e despois da súa morte gravou "Lúthien" na súa lápida e máis tarde "Beren" foi gravado na súa propia.

Libro autónomo

editar

A historia foi publicada postumamente en 2017 como un libro autónomo editado por Christopher Tolkien baixo o título Beren and Lúthien.[2][3][4][5] A historia é unha das tres contidas no Silmarillion que Tolkien cría xustificadas para teren as súas propias narrativas de longa duración, sendo as outras dúas The Children of Húrin e The Fall of Gondolin. O libro está ilustrado por Alan Lee e editado por Christopher Tolkien, e presenta diferentes versións da historia, mostrando o desenvolvemento do conto ao longo do tempo.

Referencias primarias

editar
  1. J. R. R. Tolkien (Christopher Tolkien, ed.), The Silmarillion, Harper Collins, Londres, 1999.

Referencias secundarias

editar
  1. "The Encyclopedia of Arda". Arquivado dende o orixinal o 2006-06-25. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  2. "JRR Tolkien book Beren and Lúthien published after 100 years". BBC News (Oxford). 1 de xuño de 2017. 
  3. Flood, Alison (19 de outubro de 2016). "JRR Tolkien's Middle-earth love story to be published next year". The Guardian. 
  4. Helen, Daniel (17 de febreiro de 2017). "Beren and Lúthien publication delayed". 
  5. "Beren and Lúthien on the Official Tolkien Online Book Shop". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2016.