Abrir o menú principal

Benzedrina é o nome comercial da variante racémica da anfetamina (dl-anfetamina). Foi rexistrada baixo esta marca nos Estados Unidos pola empresa farmacéutica Smith, Kline and French na forma de inhaladores, no ano 1928. Benzedrina empregouse amplamente para a cavidade nasal e bronquial xunto con outros estimulantes producidos máis tarde como a dexedrina (d-anfetamina) e metanfetamina.

Os primeiros usuarios dos inhaladores de benzedrina descubriron que tiña un efecto eufórico estimulante, acontecendo que este foi dos primeiros estimulantes sintéticos amplamente empregados para uso recreativo (non médico).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.