O paxaro bennu é unha símbolo da relixión exipcia antiga. É unha das figuras que confluíu na tradición grecorromana da Ave Fénix.[1]

O paxaro bennu.

Mitoloxía editar

Segundo a relixión exipcia, o deus creador Atón tomou a forma dun bennu para se pousar no outeiro primixenio, no momento da creación do mundo. Desta maneira, o bennu estaba asociado aos mitos de creación e renovación.

Cando Aton foi asociado a Ra, o paxaro bennu pasou a considerarse o ba (a forza vital ou a alma na relixión exipcia) de Aton-Ra.

Iconografía editar

O bennu ten o aspecto dunha garza real. Na escritura xeroglífica o bennu represéntase cun debuxo deste animal.

Notas editar

  1. Hart, George, The Routledge Dictionary of Egyptian Gods and Goddesses, Second Edition, 2005. pp. 48–49

Véxase tamén editar

Bibliografía editar