Benito Villamarín

empresario galego
(Redirección desde «Benito Villamarín Prieto»)

Benito Villamarín Prieto, nado en Puga (Toén) en 1917 e finado en Sevilla o 15 de agosto de 1966, foi un industrial galego, presidente do Real Betis Balompié entre 1955 e 1965.

Infotaula de personaBenito Villamarín
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor em Wikidata
Puga, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1966 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Real Betis Balompié
28 de maio de 1955 – 1965 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
O estadio do Betis leva o seu nome.

Chegada a Sevilla editar

Chegou a Sevilla despois da guerra civil española, antes de partir cara á Arxentina, que era o seu destino. Porén, quedou en Lora del Río onde dirixía un almacén de olivas o seu tío Andrés e onde coñeceu a quen sería a súa esposa, Ángeles Guillén.

Real Betis editar

Converteuse nun referente no negocio olivícola, pioneiro ademais na exportación aos Estados Unidos. Sería xente dese mundo quen o levaría ata o Betis. Eles e o respaldo institucional do entón capitán xeneral da Segunda Rexión Militar, o tenente xeneral Eduardo Sáenz de Buruaga decidiron que Benito Villamarín tomase a dirección do club[1]. En última instancia foi Sáenz de Buruaga quen convenceu a Villamarín para entrar no club como presidente[2]

Tomou posesión como presidente do Betis o 28 de maio de 1955, nunha época crítica do equipo, tras estar 7 anos en 3ª división. Fichou como adestrador a Sabino Barinaga e confiou nun xogador prometedor, Luis del Sol, que acabaría sendo un dos xogadores máis importantes na historia do club. O equipo logrou o ascenso á primeira división na tempada 1957-58 con Antonio Barrios como adestrador.

Villamarín puxo orde na institución, e malia que tivo que tomar algunhas decisións impopulares como a venda de Luis del Sol, xerou novas ilusións á afección bética con actuacións como a compra do Estadio Benito Villamarín en 1961.

Filantropía editar

A relación de Benito Villamarín Prieto coa cidade non rematou no deporte, pois el e a súa muller, Ángeles Guillén Morillo, custearon o paso de Xesús Cautivo[3]. O paso de Xesús Cativo xunto co paso de Nosa Señora das Mercedes compoñen a procesión da Irmandade de Santa Xenoveva do Luns Santo en Sevilla. En agradecemento Benito Villamarín foi nomeado Tenente Maior Honorífico desta irmandade fundada en 1956 e que toma o seu nome[4] da muller de Gonzalo Queipo de Llano.

Enfermidade e morte editar

Finou por mor dun cancro de pulmón o 15 de agosto de 1966, do cal se operara en Boston en 1960[5].

Recoñecementos e polémicas editar

  • Unha praza do municipio de Lora del Río leva o nome de Industrial Benito Villamarín por acordo do pleno do Concello de Lora del Río de 20 de marzo de 2017, cos votos a favor de Partido Popular e de Compromiso por Lora, os votos en contra de PSOE e de Izquierda Unida, e a abstención de Ciudadanos. Un dos méritos principais é que, en 1943, estableceu unha fábrica por conta propia de asado de pementos e de envasado de olivas que deu moitos postos de traballo na vila e que logo sería motor doutras fábricas na provincia. Izquierda Unida argumentou o voto contrario da organización en que a denominación non respectaba a ordenanza de 2016 que establecía que se manterían os nomes tradicionais no nomenclátor. O da praza en cuestión era praza da Cheminea. IU recoñecía que Benito Villamarín creou postos de traballo, mais en que condicións; que sacou proveito de Lora e que cando lle interesou marchou para Utrera[7].

Notas editar

  1. Rodríguez, Manolo (2020). "Benito Villamarín llegó en mayo". Real Betis. Consultado o 2022-12-30. 
  2. Giraldo, Javier (2019-05-24). "Los cimientos gallegos del Benito Villamarín". Sport. Consultado o 2022-12-30. 
  3. "Panteón familia Villamarín-Guillén Márquez-Guillén". Ayuntamiento de Sevilla. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-30. 
  4. "Historia - Hermandad de Santa Genoveva". Hermandad de Santa Genoveva. Consultado o 2022-12-30. 
  5. Díaz, Héctor (2011-03-08). "El ourensano que reconquistó Sevilla". La Región. Consultado o 2022-12-30. 
  6. Liaño, Jorge (2010-10-16). "Los béticos eligen Benito Vilamarín". Eldesmarque.com. Consultado o 2022-12-30. 
  7. "ACTA DE LA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DEL EXCMO. AYUNTAMIENTO DE LORA DEL RÍO CELEBRADA EL DÍA 20 DE MARZO DE 2017" (PDF). Ayuntamiento de Lora del Río. 20117-03-20. Consultado o 2022-12-30.