Benito Prieto Coussent

pintor e escultor galego (1907-2001)

Benito Prieto Coussent, nado en Ribadeo o 6 de xuño de 1907, e finado en Granada o 3 de febreiro de 2001, foi un pintor, debuxante e escultor galego.[1]

Modelo:BiografíaBenito Prieto Coussent

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1907 Editar o valor en Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 2001 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, escultor, debuxante Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1275966

Traxectoria

editar

Formación

editar

Fillo dun fotógrafo. Espertou a súa vocación no taller do pintor Dionisio Fierros, a cuxa casa acudía en compañía do seu neto Dionisio Gamallo Fierros. Con quince anos foi pensionado pola Deputación de Lugo para estudar en Madrid, e ao non tener a idade mínima regulamentaria para o ingreso na Academia de Bellas Artes de San Fernando, pasou un ano baixo a tutela do grabador Manuel Castro Gil. Finalmente foi admitido na Escuela Especial de Pintura, Escultura y Grabado, onde cursou estudos e conseguiu varios premios especiais. Entre os seus mestres estiveron Cecilio Plá, Manuel Benedito, José Moreno Carbonero e Julio Romero de Torres, e tivo como compañeiro a Salvador Dalí, con quen mantivo unha relación amor-odio posteriormente.

Docencia

editar
 
Benito Prieto cos alumnos e canteiros ante o bloque de Valle Inclán. (1936)

Rematada a súa formación conseguiu praza de profesor de debuxo, elixiu Galicia e incorporouse ao Instituto de Tui en 1933. Alí desenvolveu os novos sistemas pedagóxicos impulsados pola República e a súa inquedanza didáctica experimental. Deu clases nocturnas e gratuítas aos obreiros. Fundou a revista cultural Tude, órgano difusor de arte, literatura e pensamento do colectivo estudantil. Realizou monumentos en granito a Sócrates e a Valle Inclán. Por este labor foi nomeado director honorario do Instituto e recibiu varias homenaxes.

Etapas artísticas

editar

Guerra Civil

editar
 
Retrato do anarquista Jerónimo Rodríguez, condenado a morte, reo no cárcere de Tui. (1937)

Ao remate do curso 1935-1936 producese o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Benito foi detido na súa casa de Ribadeo, acusado de simpatizar e axudar a obreiros e anarquistas. Foi encarcerado na prisión de Tui. Salvou da morte e pintou na cadea 24 retratos dos seus compañeiros de infortunio. Ao saír do cárcere, foi chamado a filas e incorporouse ao batallón Zaragoza 530, pero foi conducido ao Mosteiro de Guadalupe, onde foi acollido e protexido polos frades capuchinos. Alí retratou a militares e relixiosos, deixando varias obras no claustro do mosteiro.

El Padul

editar

Ao rematar a guerra saíu de Guadalupe e casou cunha farmacéutica e mestra granadina que exercía en Galicia. Trasladáronse a El Padul, preto de Granada, onde Prieto realizou a parte máis significativa e emblemática da súa obra, como as versións de Cristo en la Cruz. É unha etapa de introspección só rota por esporádicos viaxes a Madrid, onde era reclamado como retratista e, excepcionalmente, unha longa viaxe e estadía en Turquía entre 1955 e 1956, onde pintou entre outras obras "Las ruinas de Éfeso". En Granada fixo amizade con Antonio Gallego Burín, García Velez, Gabriel Morcillo e Elena Martín Vivaldi, dos que fixo retratos.

En 1970 pintou o cadro El padre Damián, paradigma da súa pintura expresiva e rotunda. O cadro foi doado á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias de Granada, ao ser nomeado académico numerario en 1983.

Madurez

editar

Dentro do seu inconformismo a súa obra váise facendo cada vez máis esixente. Especula e destrúe gran parte da súa produción, e acomete proxectos cargados de crítica e de mensaxes dirixidos ao home e a sociedade, como os cadros Quién me librará de este cuerpo de muerte e El peregrino de la Paz.

 
Cristo en la Cruz. Tamén chamado Cristo crucificado ou Segundo Cristo., 1951.
 
Cristo de Kennedy. Tamén chamado Cuarto Cristo., 1963.

A súa obra, ligada a unha persoal comprensión do realismo, desenvolveuse entre Galicia e Granada. A súa carreira medrou arredor da docencia e da práctica pictórica.

A súa obra máis salientable, Cristo en la Cruz, é recoñecida como unha senlleira e revolucionaria achega á tradicional iconografía do Cristo crucificado.

Outras obras inclúen A última cea de Xesús[1] ou O Altruán.[2]

Sociedad Cultural Benito Prieto

editar

Logo da morte do pintor constituíuse a Sociedad Cultural Benito Prieto, promovida polos herdeiros do artista, a súa viúva, Amparo Serrano Sánchez e o seu discípulo e biógrafo Luis Ruiz Rodríguez e co apoio dos concellos de Ribadeo, El Padul e Granada e a Universidade de Granada; co obxectivo de salvagardar o seu legado e difundir a súa memoria.

  1. 1,0 1,1 Castro Fernández, Celia. "A última cea de xesús de benito prieto coussent". Issuu. Consultado o 2019-12-25. 
  2. Castro Fernández, Celia (nov. 2019). "“O Altruán”, pintado por Benito Prieto Coussent.". Croa 29. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • AA.VV. (1948). Catálogo de la Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid.
  • AA.VV. (2006). Obras maestras del Patrimonio de la Universidad de Granada. Granada: Universidade de Granada.
  • AA.VV. Christus. Enciclopedia de doctrina cristológica. Madrid: Aguado.
  • AA.VV. (1990). Enciclopedia de Arte de Andalucía. Sevilla: Xunta de Andalucía.
  • AA.VV. (1992). Pintores granadinos. Granada ante el 92. Granada: Universidade de Granada.