Benita Asas

(Redirección desde «Benita Asas Manterola»)

Benita Asas Manterola, nada en Donostia o 4 de marzo de 1873 e finada en Bilbao o 21 de abril de 1968, foi unha mestra e feminista española. Desenvolveu a maior parte da súa vida profesional e política en Madrid.[1][2]

Modelo:BiografíaBenita Asas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1873 Editar o valor en Wikidata
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1968 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagoga, xornalista, editora literaria, sufraxista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEl pensamiento femenino (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoLibro de texto Editar o valor en Wikidata
MovementoFeminismo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1197906

Traxectoria

editar

Benita Asas Manterola estudou Maxisterio por libre en Valladolid, e obtivo unha cualificación final de sobresaínte en outubro de 1897. Estivo destinada en Bilbao até 1902, cando se trasladou ás escolas públicas de Vallehermoso en Madrid.[3]

En 1910 publicouse a súa obra Dios y el Universo. Libro de lectura instructiva para niños y niñas. O manual recibiu o imprimatur do Bispo de Madrid-Alcalá en 1911 e en 1916 foi incluído como libro de texto escolar.[4] Case a xeito de ensaio, nel anímase aos dous mozos protagonistas a que pensen sobre a relixión e a patria, e que rexeiten os convencionalismos.

O 15 de outubro de 1913 fundou, xunto a Pilar Fernández Selfa, o xornal El Pensamiento Femenino, que dirixiu entre 1913 e 1916.[5] Desaparecida a publicación, Benita seguiu colaborando en La Voz de la Mujer, medio fundado por Celsia Regis.

Foi presidenta da Asociación Nacional de Mujeres Españolas desde 1924 até 1932. En 1929 asistiu como delegada da Liga Femenina Española á Asemblea convocada pola Sociedade de Nacións en Xenebra, Suíza. Alí propuxo convocar un congreso mundial de mulleres como recurso para evitar novos conflitos bélicos, como a primeira guerra mundial.[6]

Durante a Segunda República Española, como medida dentro da redacción da nova constitución, encargouse de presentar nas Cortes un Memorando sobre o dereito do voto da muller ante a Comisión constitucional.

Proceso e inhabilitación

editar

Permaneceu activa en Madrid durante a guerra. Concluída esta, solicitou o seu reingreso no ensino o 12 de abril de 1939. Os informes emitidos o 1 e o 7 de maio de 1940 informaron de que Benita "seguiu con interese o movemento sufraxista feminino sen ter a suficiente preparación..." e que "...en época remota foi de ideas católicas pero con anterioridade ao Movemento era esquerdista..."[7]

O 21 de novembro de 1940, a Comisión Superior Dictaminadora de Expedientes de Depuración declarou a perda do salario non percibido. Así mesmo, declarou a inhabilitación para desempeñar a súa profesión ou acceder a cargos directivos e de confianza. Non houbo novas de publicacións ou actividade política trala súa depuración, até o seu pasamento o 21 de abril de 1968 en Bilbao.[8]

Homenaxes

editar
  • Na súa cidade de orixe, Donostia, hai unha praza co seu nome, en recoñecemento ao seu labor no barrio de Egia.
  • En Bilbao leva o seu nome desde marzo de 2017 unha rúa no barrio de San Ignacio, en Deusto, antes dedicada ao doutor Eusebio García Alonso, en virtude da Lei de Memoria Histórica.
  • Na década de 1990, o Concello de Guadalaxara dedicoulle unha rúa nun novo barrio dedicado na súa totalidade a mulleres españolas.
  1. Artículo de Idoia Estornés Zubizarreta en Auñamendi Eusko Entzklopedia Consultado en diciembre de 2014
  2. Mujeres con historia: Benita Asas Manterola (podcast) Consultado en diciembre de 2014
  3. San Juan, Regina: "Benita Asas, sufragista vasca", en Emakunde Ekaina 1991, Vitoria-Gasteiz: Instituto Vasco de la Mujer, 1991, pp. 58-59.
  4. Asas Manterola, Benita (1910). Dios y el Universo. Libro de lectura instructiva para niños y niñas. Librería de los sucesores de Hernando. 
  5. "La función de la directora en los periódicos femeninos (1862 - 1936) o la sublime misión" (PDF). Consultado o 13 de diciembre de 2014. 
  6. Díez de Ure, Ana; Roda Hernández, Paco: "Asas Manterola, Benita", en Martínez, Cándida; Pastor, Reyna; Pascua, Mª José de la; e Távera, Susana (directoras): Mujeres en la Historia de España, Madrid: Planeta, 2000, pp. 408-412.
  7. Artículo citado de Idoia Estornés Zubizarreta en Auñamendi Eusko Entzklopedia.
  8. Biografía de Manterola Asas, Benita en la web de las biografías Consultado en diciembre de 2014