Benigno Lago Estévez

empresario galego

Benigno Lago Estévez, nado en Corcubión en 1897 e finado no mesmo concello o 29 de marzo de 1976,[1] foi un empresario galego. Dedicouse a empresas pesqueiras no Perú, iniciando unha cadea migratoria de mariñeiros da Costa da Morte ao Perú.

Benigno Lago Estévez
Nacemento1897
Lugar de nacementoCorcubión
Falecemento29 de marzo de 1976
Lugar de falecementoCorcubión
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

No ano 1920 casou con Constanza Figueroa, natural de Fisterra e ese mesmo ano emigraron á Patagonia arxentina, en concreto, á localidade de Río Gallegos. Nesta localidade acadou unha boa situación económica, dirixiu unha axencia de aduanas e unha consignataria de buques. En xullo de 1925 regresou a Galicia por un tempo[2]. En 1931 a súa muller e os tres fillos trasládanse a Galiza polos estudos dos rapaces e Lago Estévez marchou ao Perú, atraído polas súas riquezas mineiras. Nun principio dedicouse á explotación mineira de mica e caza de lobos de mar. A raíz da segunda guerra mundial, exportou xunto cun socio peruano fígado de bonito aos Estados Unidos e Europa. Con axuda de capital norteamericano, construíu a primeira fábrica pesqueira do país, La Chalaca, a primeira no porto de Callao e a segunda en Ilo. Despois fundou novas fábricas en Chimbote, Samanca e Chancay. En 1948 instouse pola súa conta e mercou a fábrica Aguarima en Mollendo, pondo á fronte a seu fillo Salvador. En 1954 toda a familia volveu a Corcubión. Na súa vila natal continuou os seus negocios pesqueiros, mais con menos fortuna. En 1980 rendéuselle unha homenaxe e inaugurouse un pequeno monumento na súa honra.

Vida persoal editar

Casou con Constanza Figueroa Carrera e foi pai de Jaime, Alberto, Salvador e Sara Lago Figueroa.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 27-3-1977, p. 51.
  2. El Ideal Gallego, 7-7-1925, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar