Benguela (capoeira)

Banguela ou benguela é o toque mais lento da capoeira rexional.

Descrición editar

Este toque pode ser usado no inicio dunha roda de capoeira regional, ou durante o xogo para calmar os ánimos dos xogadores cando o xogo se quenta. O toque comanda un xogo cadenciado, onde os movementos son quebrados e fluidamente transformados noutros. O xogo realízase principalmente no chan, e exixe do capoeirista máis intelixencia e malicia que no xogo tradicional.

O toque de banguela foi creado polo mestre Bimba, e era moi utilizado no xogo de principiantes para incentivalos a soltar o corpo e incorporar a malicia da capoeira. Era utilizado tamén en adestramento con navalla. Era un xogo sen canto e fortemente cadenciado ao ritmo do berimbau.

Existe unha diverxencia en relación ao nome do toque. Moitos capoeiristas chamam o toque de benguela, nunha alusión á cidade angolana de Benguela, mais segundo os alumnos do mestre Bimba e outras persoas que coviviron e con el, o mestre chamaba o toque de banguela.

Outro nome utilizado para este tipo de toque é angola dobrada, que é o nome máis utilizado na capoeira angolana.