Unha bendición[1], ou beizón[2], é a expresión dun desexo benigno dirixido cara a unha persoa ou grupo delas que, en virtude do poder máxico da linguaxe, espérase que axude a lograr que ese desexo se cumpra. Gramaticalmente, trátase de oracións con modalidade desiderativa (o mesmo que o seu contrario, as maldicións). Así, son bendicións típicas Que Deus che garde ou Que che vaia bonito.

Bendición a unha nena na súa primeira comuñón.

As bendicións teñen un papel destacado nas crenzas populares de moitos pobos, así como nos seus mitos e lendas. En especial, ten grande importancia a bendición que un pai ou unha nai dirixen aos seus fillos. Na Biblia, cóntase como Xacob engana ao seu pai cego, Isaac, para obter del a bendición paterna, que Isaac desexaba dar ao primoxénito, Esaú. A bendición di así:

Deus déache da rosada do ceo e en grao sumo prezado da terra: trigo e viño en abundancia. Que os pobos che sirvan, e as nacións próstrense diante túa. Sei señor dos teus irmáns, e próstrense diante túa os fillos da túa nai. Sexan malditos os que che maldigan, e benditos os que che bendigan (Xénese 27:28-29).

Achamos tamén bendicións na lírica tradicional (como a canción sefardí Boa semana déanos Deus / alegres e sans) e mesmo na música pop, con exemplos como Forever Young de Bob Dylan, bendición dirixida aos seus fillos (May you stay forever young), ou o canto que pecha A Very Cellular Song, da Incredible String Band:

May the long time sun shine upon you,
all love surround you
and the pure light within you
guide you all the way on.
: Que o Sol brille moito tempo sobre ti,
que o amor te rodee
e a luz pura dentro de ti
te guíe até o final.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bendición.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para beizón.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.