Abrir o menú principal

Un Ben de Giffen é un produto que posúe unha curva de demanda con pendente positiva. Isto significa que a medida que o prezo do ben aumenta, os consumidores desexarán adquirir unha maior cantidade de dito ben, e cando o prezo de ditos bens comece a descender, quererán adquirir unha cantidade cada vez menor do mesmo. Se pode discutir a existencia destes bens no mundo real, pero hai un modelo económico que explica como unha cousa así pode existir. Estes bens reciben o seu nome de Robert Giffen, ao que atribúe esta idea Alfred Marshall no seu libro Principles of Economics.

Para a maioría dos produtos, a elasticidade prezo da demanda é negativa. Noutras palabras, prezo e demanda móvense en dirección contraria; se o prezo sobe, a cantidade demandada baixa, e á inversa. Os bens de Giffen son unha excepción a isto. A súa elasticidade prezo da demanda é positiva. Cando o prezo sobe a demanda aumenta, e á inversa. Para ser un verdadeiro ben Giffen, o prezo debe ser o único que cambie para obter unha variación na cantidade demandada, quedando os bens de luxo ao marxe. O exemplo clásico de Marshall é o ben inferior dos alimentos básicos, cuxa demanda ven definida pola pobreza que fai aos seus consumidores non poder consumir comida de mellor calidade. Segundo aumenta o prezo dos alimentos básicos, os consumidores non se poden permitir adquirir outros tipos de alimentos polo que teñen que aumentar o seu consumo de alimentos básicos.

Análise dos bens de GiffenEditar

Débense cumprir tres condicións para que se dé un destes bens:

  1. O ben en cuestión debe ser un ben inferior,
  2. Debe haber unha escaseza de bens substitutivos, e
  3. O ben debe representar unha parte importante do orzamento do consumidor.

se a condición #1 se cambia a "o ben en cuestión debe ser tan inferior que o efecto renda sexa maior que o efecto substitución", entón a lista é condición necesaria e suficiente.