Ben Bernanke
economista estadounidense
Benjamin Shalom Bernanke, nado en Augusta o 13 de decembro de 1953, é un economista estadounidense, premio Nobel de Economía en 2022.
Traxectoria
editarDe orixe xudía, foi presidente da Reserva Federal (FED), o banco central dos Estados Unidos entre 2006 e 2014. Bernanke asumiu ese posto en febreiro de 2006 en substitución de Alan Greenspan.
Economista formado en Harvard (summa cum laude), obtivo o seu doutoramento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.
En 2011 estivo considerado unha das persoas máis poderosas do mundo pola Forbes.[1]
Notas
editar- ↑ Forbes (ed.). ""Powerful People"". Arquivado dende o orixinal o 24/04/2016. Consultado o 03/11/2011.