Bellvitge

Coordenadas: 41°21′01″N 02°06′36″L / 41.35028, -2.11000

Bellvitge é un barrio da cidade de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito VI xunto co limítrofe barrio de El Gornal.

Barrios de L'Hospitalet
Vista da Gran Via e dos bloques de pisos de Bellvitge.

XeografíaEditar

Atópase a unha altitude de entre 4 e 8 metros sobre o nivel do mar. Limita polo oeste cos concellos de Cornellà de Llobregat e El Prat de Llobregat, polo sur co de Barcelona, polo leste cos barrios de El Gornal e Granvia L'H e polo norte co barrio do Centre. O seu territorio forma parte do Delta do Llobregat e considérase que a súa formación é bastante recente, do século X, aínda que no lugar houbo zonas húmidas durante moito tempo. Por iso aparece documentado na época medieval como Banyols. Ata 1920 o territorio de La Marina de L'Hospitalet chegaba ata o mar pero nese ano o concello de Barcelona anexionouse as 900 hectáreas meridionais do termo co argumento da ampliación do porto. Dende entón, o límite do barrio e do concello é unha liña recta, paralela a un tramo de liña férrea do porto, trazada nun despacho.

HistoriaEditar

O territorio que actualmente ocupa o barrio de Bellvitge era unha zona destinada á agricultura, moi productiva grazas á fertilidade das súas terras. Caracterizábase tamén polos desbordamentos do río Llobregat. O regadío xeneralizouse a partir de 1819, coa inauguración do Canal da Infanta e a construción dunha rede de quenllas que levaban auga a toda a zona esquerda do delta.

Os primeiros indicios de que o lugar estaba habitado remóntanse a finais do século X, cando aparece mencionado o Mas d'Amalvígia, e no século XI, época na que se construíu a ermida de Bellvitge, situada uns 2 km ao sur do lugar onde séculos máis tarde xurdiu a pequena vila de L'Hospitalet, hoxe núcleo antigo da cidade.

En 1964 iniciouse a construción dun polígono de vivendas e os primeiros bloques comezaron a ocuparse no verán de 1965. En 1975 xa rematara a construción da maioría deles e a poboación era de 30.659 habitantes. En 1986 acadouse o máximo demográfico, con 32.832 habitantes, cifra que foi baixando dende entón suavemente como no resto de barrios de L'Hospitalet. A diferenza doutros barrios, dende o ano 2000 practicamente non recibiu inmigración estranxeira. Segundo datos do concello, en 2012 tiña 25.528 habitantes censados.

Transporte públicoEditar

Bellvitge é un barrio que ao estar situado á entrada de Barcelona, e despois de moitos anos de loitas veciñais, benefíciase actualmente dunha boa comunicación tanto co resto de L'Hospitalet como coas localidades lindeiras que conforman a área metropolitana.

Fundamentalmente dispón de dúas estacións de metro: Bellvitge e Hospital de Bellvitge, da liña 1. Ademais dispón dunha estación das liñas 2 e 10 de Proximidades Barcelona de Renfe Operadora, así como diversas liñas de autobuses urbanos, tanto diúrnos como nocturnos.

Véxase taménEditar