O Bell H-13 Sioux foi un helicóptero lixeiro monomotor dun único rotor producido por Bell Helicopter. Westland Aircraft fabricou o Sioux baixo licenza para as forzas armadas británicas como o Sioux AH.1 e o HT.2.

Bell H-13 Sioux
Tipohelicóptero de observación lixeiro
FabricanteBell Aircraft, Bell Helicopter
Primeiro voo8 de decembro de 1945
Unidades construídasunhas 2 400
VariantesBell 201

Desenvolvemento editar

En 1947 as Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (posteriormente a Forza Aérea dos Estados Unidos) pediron o mellorado Bell Model 47A. A meirande parte deles foron designados YR-13 e tres versións para o inverno foron designadas YR-13A. O Exército dos Estados Unidos pediu o Bell 47 en 1948 coa designación H-13. Estes recibirían posteriormente o nome de Sioux.[1]

Inicialmente a Armada dos Estados Unidos mercou varios Bell 47, designados HTL-1, entre 1947 e 1958. A Garda Costeira avaliou este modelo e mercou dous HTL-1 para apoio multimisión no porto de Nova York. A versión máis común do aparello na Armada foi designada HTL-4, que prescindía da cuberta de tela na pluma de cola. A Garda Costeira mercou tres HTL-5 en 1952 (semellantes aos HTL-4 pero impulsados por un motor Franklin O-335-5) que usou ata 1960.[2] En 1959 a Garda Costeira mercaría dous Bell 47G e designounos HUL-1G.[2]

O H-13 foi usado como un helicóptero de observación nos primeiros anos da guerra de Vietnam, antes de ser substituído polo Hughes OH-6 Cayuse en 1966.

O Bell 47 foi pedido polo Exército británico como o Sioux para cumprir a especificación H.240, sendo fabricado baixo licenza por Westland Helicopters. Para cumprir cos termos do seu acordo con Sikorsky Aircraft, que lle impedía construír unha aeronave dun competidos dos Estados Unidos, Westland pediu a licenza do Model 47 a Agusta, que mercara unha licenza a Bell. O primeiro contrato foi por 200 helicópteros. As primeiras 50 unidades do contrato foron fabricadas por Agusta en Gallarate, seguidas por 150 fabricadas por Westland en Yeovil. O primeiro Westland Sioux realizou o seu voo de estrea o 9 de marzo de 1965.[3]

Notas editar

  1. Donald, David (1997). The Complete Encyclopedia of World Aircraft. Barnes & Nobel Books. ISBN 0-7607-0592-5. 
  2. 2,0 2,1 Pearcy, Arthur (1989). A History of Coast Guard Aviation. Naval Institute Press. ISBN 0-87021-261-3. 
  3. "Westland Sioux". Helis.com (en inglés). Consultado o 2018-11-17.