Begoña Bas

profesora e etnógrafa galega
(Redirección desde «Begoña Bas López»)


María Begoña Bas López, nada en Vigo o 4 de maio de 1953, é unha profesora e etnógrafa galega.

Infotaula de personaBegoña Bas
Biografía
Nacemento(es) María Begoña Bas López Editar o valor em Wikidata
4 de maio de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmuseóloga , etnógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 60717

Traxectoria editar

Fixo o bacharelato en Vigo e licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Xeografía. Traballou no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña. É profesora do Departamento de Didácticas Específicas na Universidade da Coruña. Dedicase ao estudo da arquitectura popular galega. Colabora nas revistas Verba, Gallaecia e Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1992).

Obras editar

  • Itinerarios dos hórreos en Galicia. Contribución ao estudo do habitat rural galego, 1978.
  • Construcións populares galegas, 1980.
  • As construcións populares. Un tema de etnografía en Galicia, 1983, Cuadernos do Seminario de Sargadelos.
  • Os petos de ánimas en Ourense, 1985.
  • Camiños, pasos e pontes, 1989.
  • Muíños de marés e de vento en Galicia, 1991.
  • Os muíños, 2000.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar