María Nieves Rebolledo Vila, máis coñecida polo seu nome artístico Bebe, nada en Valencia o 9 de maio de 1978, é unha cantautora e actriz española.

Bebe
Nome completoMaría Nieves Rebolledo Vila
Alcume/outrosBebe
Nacemento9 de maio de 1978
LugarValencia
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz, cantante, actriz de cinema e artista discográfico
Na rede
http://www.bebeoficial.com/
IMDB: nm1311122 MySpace: labebebellota Musicbrainz: 1f4c0c5a-be94-43e2-ab01-1aa623daa530 Songkick: 62108 Discogs: 674562 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Residente en San Vicente de Alcántara (Estremadura), creceu nun ambiente musical xa que os seus pais formaban parte do grupo de folk Suberina. Tivo a súa primeira guitarra aos once anos. Viviu en Zafra, en Mérida e en Badaxoz. En 1995 iniciou a súa traxectoria como corista no grupo Vanagloria, para pasar, pouco despois, a cantar soa nun bar chamado Cabeza de Toro. En 1996, tras terminar COU (Curso de Orientación Universitaria), foise a Madrid a estudar Arte dramática. En 2001 gañou un concurso de cantautores en Estremadura. O 27 de xuño de 2006 anunciou a súa retirada temporal do mundo da música, centrada agora na súa carreira como actriz, que deu un salto con La educación de las hadas.

Entre as súas cancións máis coñecidas atópanse "Ella", "Siempre me quedará", ou "Malo", que obtivo un éxito en Italia no verán de 2006.

Colaborou con Tontxu, Chambao, Luis Pastor, Albert Pla, El Combolinga, Los Delinqüentes, o tío Calambres, Kultama e Paco Bello, entre outros.

Discografía Editar

Álbums Editar

Pafuera telarañas (2004)
Y punto (2009)

Filmografía Editar

Recoñecementos Editar

  • Premios da Música 2006: Nomeada á mellor canción ("Malo"), mellor canción electrónica ("Corre"), mellor arranxador (Carlos Jean - Pafuera Telarañas), mellor produtor artístico (Carlos Jean - Pafuera Telarañas) e mellor técnico de son (José Luís Crespo - Pafuera Telarañas).
  • Premio Border Breakers 2006
  • Premios da Música 2005: Autor Revelación ("Malo"), Artista Revelación (Pafuera telarañas), Mellor Álbum de Pop (Pafuera telarañas), Mellor Vídeo Musical (Joan Vallverdú - "Malo").
  • Premio Estremadura á Creación 2005: Mellor obra producida por autor extremeño.
  • Premios Ondas 2004: Artista Revelación.
  • Premio Muller e medios de comunicación 2005.
  • Premios MTV: Nomeada a Mellor artista español.
  • Premios Goya 2006: Nomeada na categoría de mellor actriz revelación por La educación de las hadas
  • Premios Goya 2006: Gañadora da categoría de mellor canción orixinal, por "Corre" 2005.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar