Beauveria bassiana

Beauveria bassiana

Saltóns mortos por unha infección por B. bassiana
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Ascomycota
Clase: Sordariomycetes
Orde: Hypocreales
Familia: Cordycipitaceae
Xénero: Beauveria
Especie: Beauveria bassiana
(Bals.-Criv.) Vuill. (1912)
Sinonimia
  • Botrytis bassiana Bals.-Criv. (1836) (Basonym)
  • varios outros: ver Species fungorum

Beauveria bassiana é un fungo que crece de forma natural en solos de case todo o mundo e actúa como parasito de varias especies de artrópodos, causando a enfermidade da muscardina branca; pertence ao grupo dos fungos entomopatóxenos. Utilízase como insecticida biolóxico para controlar diversas pragas, como as de térmites, trips, aleiródidos, áfidos e varios escaravellos. O seu uso no control da chinche das camas[1] e dos mosquito transmisores da malaria está a investigarse.[2]

Descubrimento e nome editar

A especie noméase en honra do entomólogo italiano Agostino Bassi, que a descubriu en 1835 como causa da enfermidade muscardina que os portadores transmitían polo aire, e posteriormente ese mesmo ano foi nomeada Botrytis bassiana por Giuseppe Gabriel Balsamo-Crivelli. En 1911 Jean Beauverie fixo un novo estudo e ao ano seguinte Jean Paul Vuillemin converteuna na especie tipo do seu novo xénero Beauveria.[3] Era coñecida anteriormente como Tritirachium shiotae. O nome B. bassiana foi utilizado durante moito tempo para describir un complexo de especies de illamentos morfoloxicamente similares e estreitamente relacionados. Rehner e Buckley[4] demostraron que B. bassiana consta de liñaxes moi distintas que deberían recoñecerse como especies filoxeneticamente distintas e o xénero Beauveria foi redescrito propoñendo como tipo B. bassiana en 2011.[5] É importante caracterizar os illamentos usados para desenvolver insecticidas biolóxicos.

Relación con Cordyceps e outros fungos editar

Beauveria bassiana é o anamorfo (forma con reprodución asexual) de Cordyceps bassiana. Este último é o teleomorfo (forma con reprodución sexual), que só se recolleu no leste de Asia.[6]

Enfermidade da muscardina branca editar

A enfermidade que sofren os insectos causada polo fungo é unha muscardina que se denominou enfermidade da muscardina branca. Cando as esporas microscópicas do fungo entran en contacto co corpo dun insecto hóspede, xerminan, penetran a cutícula, e crecen dentro do animal, matándoo en poucos días. Despois, do cadáver emerxe un mofo branco e produce novas esporas. Un illamento típico de B. bassiana pode atacar unha ampla variedade de insectos; os illamentos poden diferir no seu rango de hóspedes. Os factores responsables da susceptibilidade ao hóspede non se coñecen.[Cómpre referencia]

 
Exemplar de araña Nephila morto pola enfermidade da muscardina branca en St. Tammany Parish, Louisiana, co mofo branco saíndo do cadáver polos poros e articulacións.

A Beauveria bassiana que parasita o escaravello da pataca é, á súa vez, o hóspede do fungo microparasito Syspastospora parasitica.[7] Este organismo tamén ataca especies patóxenas da familia fúnxica Clavicipitaceae relacionadas con insectos .

Morfoloxía do fungo editar

En cultivo B. bassiana crece como un mofo branco. Nos medios de cultivo máis comúns produce moitos conidios pulverulentos secos en distintivas bólas brancas de esporas. Cada bóla de esporas está composta por un agrupamento de células conidióxenas. As células conidióxenas de B. bassiana son curtas e ovoides e rematan nunha extensión apical estreita chamada raque (rachis). O raque alóngase unha vez que se produce un conidio, o que tren como resultado unha longa extensión en zigzag. Os conidios son unicelulares, haploides e hidrófobos.[Cómpre referencia]

Uso no control biolóxico de insectos editar

Beauveria bassiana pode utilizarse como insecticida biolóxico para controlar varias pragas como as de térmites, aleiródidos e moitos outros insectos. O seu uso no control dos mosquitos transmisores da malaria está en investigación.[2] Como insecticida aplícase un spray con esporas sobre os cultivos afectados en forma de suspensión emulsionada ou de po humedecible ou aplícase a redes para mosquitos como axente controlador dos mosquitos.

A especie Beauveria bassiana parasita un amplo rango de hóspedes artrópodos. Porén, as diferentes cepas varían o seu rango de hóspedes, algunhas teñen rangos estreitos, mentres que a cepa Bba 5653 é moi virulenta para as larvas da avelaíña Plutella xylostella e só mata poucos tipos máis de eirugas. Algunhas cepas teñen rangos de hóspedes máis amplos, polo que poden considerarse insecticidas biolóxicos non selectivos. Estes non deberían aplicarse a flores visitadas por insectos polinizadores.[8]

Dianas coñecidas son:[9][10][11]

Este fungo raramente infecta a humanos ou outros animais, así que considérase xeralmente un insecticida seguro. Porén, informouse de polo menos un caso de infección humana por B. bassiana nunha persoa imnunosuprimida.[17] Ademais, as esporas poden exacerbar as dificultades respiratorias. Wagner e Lewis informaron da capacidade de B. bassiana de crecer como endófito no millo.[18]

Un fungo atribuído a B. bassiana causou infeccións nun aligátor americano en catividade[19] e B. bassiana estivo implicado en causar enfermidades pulmonares en tartarugas en catividade.[20][21] Os réptiles estaban en ambos os casos en catividade e baixo un estrés de temperatura, o que pode explicar a súa susceptibilidade ao fungo. Cando nun experimento unha tartaruga estivo mantida a 22 °C e se lle inxectaron 0,5 mL con 106 esporas de B. bassiana no pulmón, non se observou mortalidade, mentres que unha segunda tartaruga contaminada morreu cando estaba a só 16 °C.[22]

Investigacións preliminares mostraron que o fungo é 100% efectivo para eliminar as chinches das camas (Cimex lectularius) expostas a tecido de algodón salferido con esporas do fungo. Tamén é efectivo contra colonias de chinches das camas comúns debido a que os B. bassiana portados polas chinches infectadas lévanos aos seus escondedoiros onde están os outros individuos. A cepa testada causou unha rápida mortalidade (de 3 a 5 días) despois dunha exposición a curto prazo.[1] Nun estudo de seguimento de 2017, as chinches resistentes a piretroides tiñan unha mortalidade de >94% despois do tratamento cunha preparación comercial de B. bassiana.[23]

Un experimento microevolutivo de 2013 mostrou que a avelaíña Galleria mellonella podía de adaptar os seus mecanismos de defensa durante 25 xeracións mentres estaba baixo presión selectiva constante polo fungo B. bassiana. A avelaíña desenvolveu resistencia, pero aparentemente a un certo custo.[24]

Fuga da contención editar

En marzo de 2013, encontráronse exemplares de Beauveria bassiana modificados xeneticamente en varios laboratorios de investigación e invernadoiros fóra da área de contención que lle fóra asignada na Universidade Lincoln de Christchurch, Nova Zelandia. O goberno neozelandés investigou as causas desta fuga.[25]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Barbarin, Alexis M.; Jenkins, Nina E.; Rajotte, Edwin G.; Thomas, Matthew B. (15 de setembro de 2012). "A preliminary evaluation of the potential of Beauveria bassiana for bed bug control" (PDF). Journal of Invertebrate Pathology 111 (1): 82–85. PMID 22555012. doi:10.1016/j.jip.2012.04.009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2020. Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Donald G. McNeil Jr., Fungus Fatal to Mosquito May Aid Global War on Malaria, The New York Times, 10 de xuño de 2005
  3. Zimmermann, Gisbert (2007). "Review on safety of the entomopathogenic fungi Beauveria bassiana and Beauveria brongniartii". Biocontrol Science and Technology (Taylor & Francis) 17 (6): 553–596 (cita en páxina 556). ISSN 0958-3157. doi:10.1080/09583150701309006. Propiedades biolóxicas de Beauveria spp.
    Historia
    ...A historia inicial de B. bassiana empezou en 1835. Foi Agostino Bassi di Lodi de Italia... El observou unha enfermidade no verme da seda, Bombyx mori, que chamou a 'muscardina branca' e empezou os primeiros experimentos de infección. O fungo foi despois estudado e descrito polo famoso naturalista italiano Giuseppe Gabriel Balsamo-Crivelli en 1835, que lle deu o nome de Botrytis bassiana, en honra a Bassi (Steinhaus 1949; Müller-Kögler 1965; Rehner 2005).
    En 1911, Beauverie estudou o fungo de novo e en 1912 Vuillemin creou o novo xénero Beauveria en honra a Beauverie, do cal a especie B. bassiana se converteu no tipo.
     
  4. Rehner, S. A.; Buckley, E. (2005-01-01). "A Beauveria phylogeny inferred from nuclear ITS and EF1- sequences: evidence for cryptic diversification and links to Cordyceps teleomorphs". Mycologia (en inglés) 97 (1): 84–98. ISSN 0027-5514. doi:10.3852/mycologia.97.1.84. 
  5. Rehner, Stephen A.; Minnis, Andrew M.; Sung, Gi-Ho; Luangsaard, J. Jennifer; Devotto, Luis; Humber, Richard A. (2011). "Phylogeny and systematics of the anamorphic, entomopathogenic genus Beauveria". Mycologia 103 (5): 1055–1073. PMID 21482632. doi:10.3852/10-302. 
  6. Li ZZ, Li CR, Huang B, Fan MZ (2001). "Discovery and demonstration of the teleomorph of Beauveria bassiana (Bals.) Vuill., an important entomogenous fungus". Chinese Science Bulletin 46 (9): 751–3. Bibcode:2001ChSBu..46..751L. doi:10.1007/BF03187215. 
  7. Posada, F.; et al. (2004). "Syspastospora parasitica, a mycoparasite of the fungus Beauveria bassiana attacking the Colorado potato beetle Leptinotarsa decemlineata: a tritrophic association". J. Insect Sci. 4: 24. PMC 528884. PMID 15861239. doi:10.1093/jis/4.1.24. 
  8. "EPA Factsheet". Consultado o 2006-12-14. 
  9. "Cornell Extension Service". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2006. Consultado o 2006-12-14. 
  10. "University of Connecticut Extension". Arquivado dende o orixinal o 2006-09-01. Consultado o 2006-12-14. 
  11. "University of Minnesota Extension". Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2006. Consultado o 2006-12-14. 
  12. Gouli, Vladimir; Gouli, Svetlana; Skinner, Margaret; Hamilton, George; Kim, Jae Sue; Parker, Bruce L (febreiro de 2012). "Virulence of select entomopathogenic fungi to the brown marmorated stink bug, Halyomorpha halys (Stål) (Heteroptera: Pentatomidae)". Pest Management Science 68 (2): 155–157. PMID 22223199. doi:10.1002/ps.2310. 
  13. Mann, Andrew; Davis, Thomas (2020). "Plant secondary metabolites and low temperature are the major limiting T factors for Beauveria bassiana (Bals.-Criv.) Vuill. (Ascomycota: Hypocreales) growth and virulence in a bark beetle system". Biological Control 141: 104130. doi:10.1016/j.biocontrol.2019.104130. 
  14. "Biocontrol: Fungus and Wasps Released to Control Emerald Ash Borer". Science News. ScienceDaily. 26 de abril de 2011. Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  15. Un hongo acaba con el 75% del picudo rojo que afecta al conjunto del Palmeral de Elche (en castelán)
  16. Cossentine, J. E.; Judd, G. J. R.; Bissett, J. D.; Lacey, L. A. (2010-01-01). "Susceptibility of apple clearwing moth larvae, Synanthedon myopaeformis (Lepidoptera: Sesiidae) to Beauveria bassiana and Metarhizium brunneum". Biocontrol Science and Technology 20 (7): 703–707. ISSN 0958-3157. doi:10.1080/09583151003690390. 
  17. Tucker DL, Beresford CH, Sigler L, Rogers K (novembro de 2004). "Disseminated Beauveria bassiana infection in a patient with acute lymphoblastic leukemia". J. Clin. Microbiol. 42 (11): 5412–4. PMC 525285. PMID 15528759. doi:10.1128/JCM.42.11.5412-5414.2004. 
  18. Wagner BL, Lewis LC (agosto de 2000). "Colonization of corn, Zea mays, by the entomopathogenic fungus Beauveria bassiana". Appl. Environ. Microbiol. 66 (8): 3468–73. Bibcode:2000ApEnM..66.3468W. PMC 92172. PMID 10919808. doi:10.1128/AEM.66.8.3468-3473.2000. 
  19. Jensen, J. M.; Robinson, B. E.; Bulmer, G. S. (xullo de 1979). "Fatal Mycotic Pulmonary Disease of Captive American Alligators". Veterinary Pathology 16 (4): 428–431. ISSN 0300-9858. PMID 452316. doi:10.1177/030098587901600405. 
  20. Georg, Lucille K.; Williamson, W.M.; Tilden, Evelyn B.; Getty, Ruth E. (1962). "Mycotic pulmonary disease of captive giant tortoises due toBeauvaria bassianaandPaecilomyces fumoso-roseus". Medical Mycology 2 (2): 80–86. ISSN 1369-3786. doi:10.1080/00362176385190161. 
  21. Cabo, J. F. González; Serrano, J. Espejo; Asensio, M. C. Bárcena (marzo de 1995). "Mycotic pulmonary disease byBeauveria bassianain a captive tortoise". Mycoses 38 (3–4): 167–169. ISSN 0933-7407. PMID 7477096. doi:10.1111/j.1439-0507.1995.tb00043.x. 
  22. Müller-Kögler, E. (decembro de 1967). "Nebenwirkungen Insektenpathogener Pilze Auf Mensch und Wirbeltiere: Aktuelle Fragen". Entomophaga 12 (4): 429–441. ISSN 0013-8959. doi:10.1007/bf02376929. 
  23. Barbarin, Alexis (20 de marzo de 2017). "Susceptibility of insecticide-resistant bed bugs (Cimex lectularius) to infection by fungal biopesticide". Pest Management Science 73 (8): 1568–1573. PMC 5518228. PMID 28321982. doi:10.1002/ps.4576. 
  24. Dubovskiy, Ivan M.; Whitten, Miranda M. A.; Yaroslavtseva, Olga N.; Greig, Carolyn; Kryukov, Vadim Y.; Grizanova, Ekaterina V.; Mukherjee, Krishnendu; Vilcinskas, Andreas; Glupov, Viktor V.; Butt, Tariq M. (2013-04-01). Leulier, François, ed. "Can Insects Develop Resistance to Insect Pathogenic Fungi?". PLoS ONE (Public Library of Science) 8 (4): e60248. Bibcode:2013PLoSO...860248D. ISSN 1932-6203. PMC 3613352. PMID 23560083. doi:10.1371/journal.pone.0060248. 
  25. "Genetically modified fungus leaked". 3 News NZ. 20 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Luz C, Rocha LF, Nery GV, Magalhães BP, Tigano MS (marzo de 2004). "Activity of oil-formulated Beauveria bassiana against Triatoma sordida in peridomestic areas in Central Brazil". Mem. Inst. Oswaldo Cruz 99 (2): 211–8. PMID 15250478. doi:10.1590/S0074-02762004000200017. 
  • Prior C, Jollands P, Le Patourel G (1988). "Infectivity of oil and water formulations of Beauveria bassiana (Deuteromycotina; Hyphomycetes) to the cocoa weevil pest Pantorhytes plutus (Coleoptera: Curculionidae)". Journal of Invertebrate Pathology 52 (1): 66–72. doi:10.1016/0022-2011(88)90103-6.