Beatrice Vio

esgrimista italiana

Beatrice Maria Adelaide Marzia Vio, coñecida como Bebe Vio, nada en Venecia o 4 de marzo de 1997, é unha esgrimista italiana en cadeira de rodas. Foi campioa de Europa en 2014 e 2016, campioa do mundo en 2015 e 2017, e campioa paralímpica en 2016 na categoría B de florete.

Infotaula de personaBeatrice Vio

(2018) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(it) Vio Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1997 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Venecia, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónwheelchair fencer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima em cadeira de rodas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbebevio.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm9259604 Rottentomatoes: celebrity/bebe_vio
Facebook: BeatriceVioOfficialPage Twitter: viobebe Instagram: bebe_vio Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Bebe Vio naceu en Venecia en 1997, segunda de tres irmáns, e foi criada en Mogliano Veneto.[1]

A finais de 2008, cando tiña once anos, tivo unha meninxite severa que lle provocou unha infección pola que posteriormente lle foron amputadas ambas as pernas dende o xeonllo, e os dous brazos dende o antebrazo.[2] Despois de máis de tres meses de rehabilitación intensiva foi capaz de volver a deporte.[3]

Na súa infancia tivo tres paixóns, que bautizou como "os tres S": escola (scuola en italiano), esgrima (scherma), que comezou a practicar aos cinco anos, e scouting (scoutismo).[1][4]

Carreira deportiva editar

Vio foi campioa de esgrima en cadeira de rodas. Emprega unha prótese especial para soster o seu florete, loitando dende o ombreiro. Baixo o adestramento de Federica Berton e Alice Esposito, participou na primeira competición de esgrima en cadeira de rodas en 2010.[5] A súa experiencia inspirou os seus pais na fundación da organización sen ánimo de lucro Art4sport Onlus, que promove o deporte entre persoas novas amputadas.

Nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 aínda era moi nova para participar, mais foi escollida como abandeirada para a cerimonia de apertura despois dunha campaña en liña onde máis de 1000 persoas enviaron un correo electrónico ao Comité Paralímpico Internacional para apoiar a súa candidatura.[6]

No mesmo ano, con quince anos de idade, uniuse á selección italiana de esgrima en cadeira de rodas. En 2013 gañou a súa primeira Copa Mundial en Montreal despois de derrotar a medallista olímpica de prata Gyöngyi Dani. Por esta participación, foi nomeada atleta paralímpica do mes polo Comité Paralímpico Internacional.[7]

A inicios da tempada 2013–2014, deteu os seus adestramentos para concentrarse nos seus estudos, aínda que regresou en xuño e gañou os torneos individual e como equipo do Campionato Europeo.[8] Ao final do ano, o Comité Paralímpico Italiano outorgoulle o recoñecemento de "Atleta Italiana Paralímpica do Ano", un título compartido con Oxana Corso.[9] En 2015, converteuse en campioa mundial despois de derrotar a Dani 15–4 na final.[10] Foi nomeada embaixadora para a Expo de Milán 2015 e publicou a súa autobiografía Mi hanno regalato un sogno.[11][12]

Na tempada 2015-2016, recibiu o Premio Mangiarotti do Comité Olímpico Italiano.[13] Gañou o seu segundo título europeo en Casale Monferrato, vencendo a rusa Irina Mishurova.[14] En xullo perdeu na final da Copa Mundial en Varsovia contra a rusa Viktoria Boykova, co que finalizou a súa serie de once vitorias consecutivas en eventos de Copas Mundiais.[15] Aínda así, cualificouse para os Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro 2016 como a esgrimista mellor clasificada na súa categoría.[16] En Río resultou campioa invicta, gañando os cinco encontros por equipos por 5-0. Na final enfrontouse á chinesa Jingjing Zhou. O combate foi interrompido cando a punta do florete da súa rival entrou accidentalmente na súa máscara. Despois de aplicarlle xeo, gañou 15-7, recibindo así a medalla paralímpica de ouro.[4][17]

Recibiu o Premio de América da Fundación Italia-Estados Unidos en 2018.

Activismo editar

Por mor da súa enfermidade e da súa recuperación, Vio converteuse nunha "defensora da vacinación temperá".

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Costa, Diego (12 de xuño de 2014). "Bebe Vio, che ha battuto la Vezzali cambiando la sopravvivenza in vita" (en italiano). 
  2. "One year on: Wheelchair fencing star Bebe Vio". 31 de agosto de 2013. 
  3. Pisapia, Luca (11 de xuño de 2012). "Tirare di scherma con quattro protesi, è Beatrice Vio tedofora alle Paralimpadi" (en italiano). 
  4. 4,0 4,1 Gorney, Cynthia (novembro 2017). "Why Vaccines Matter". p. 134. 
  5. "Beatrice Vio". 31 de agosto de 2013. 
  6. "Paralimpiadi. Bebe Vio, a Londra a furor di popolo. Niente gare, ma il futuro è suo" (en italiano). Redattore Sociale. 3 de agosto de 2012. 
  7. "Beatrice Vio - Athlete of the Month May 2013". maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  8. "Scherma, agli Europei l'Italia ha il sorriso di Beatrice Vio" (en italiano). Rai News. 10 de xuño de 2014. 
  9. "Beatrice Vio premiata con l'Italian Paralympic Award 2014" (en italiano). Italian Fencing Federation. 9 de outubro de 2014. 
  10. Carlino, Maddalena (22 de setembro de 2015). "Niente è impossibile. Bebe Vio, l’oro paralimpico del fioretto ci racconta “come fare la differenza”" (en italiano). L'Unità TV. 
  11. Sogliani, Marina (9 de abril de 2015). "La campionessa di scherma Beatrice Vio sarà Ambassador di Expo Milano 2015" (en italiano). 
  12. "Beatrice "Bebe" Vio: "Mi hanno regalato un sogno"" (en italiano). 14 de decembro de 2015. 
  13. Silvia Galimberti (25 de febreiro de 2016). "Il premio "Mangiarotti" assegnato all'imbattibile Vio" (en italiano). 
  14. Claudio Arrigoni (18 de maio de 2016). "Non si ferma mai. Oro europeo 2016 per Bebe Vio" (en italiano). 
  15. Gennari, Alessandro (11 de julio de 2016). "Varsavia: argento per Bebe, si interrompe la striscia vicente" (en italiano). 
  16. "Federscherma - Giochi Paralimpici Rio2016 - Ecco la delegazione azzurra: sette Italiani in pedana dal 12 al 16 settembre" (en italiano). Italian Fencing Federation. 18 de xullo de 2016. 
  17. "Victory for Vio in wheelchair fencing foil event". International Paralympic Committee. 14 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar