Beatrice Straight
Beatrice Whitney Straight, nada en Old Westbury (Nova York) o 2 de agosto de 1914 e finada nos Ánxeles o 7 de abril de 2001 foi unha actriz estadounidense.
Beatrice Straight | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome completo | Beatrice Whitney Straight | ||||||||||
Nacemento | 2 de agosto de 1914 | ||||||||||
Lugar | Old Westbury, Nova York | ||||||||||
Falecemento | 7 de abril de 2001 (86 anos) | ||||||||||
Lugar | Os Ánxeles (California) | ||||||||||
Causa | pneumonía | ||||||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||||||
Pai | Willard Dickerman Straight | ||||||||||
Nai | Dorothy Payne Whitney | ||||||||||
Cónxuxe(s) | Louis Dolivet (-1949) Peter Cookson (1949-1990) | ||||||||||
Fillos | Gary Cookson e Tony Cookson | ||||||||||
Profesión | Actriz | ||||||||||
| |||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||
TraxectoriaEditar
Nada nos Estados Unidos, tiña catro anos cando o seu pai morreu de gripe mentres participaba na Primeira Guerra Mundial. Tralo novo matrimonio da súa nai, toda a familia marchou a Inglaterra, onde foi educada e onde comezou a actuar en obras teatrais. De volta ao seu país, debutou en Broadway en 1939.
Straight era membro de Actors Studio e tamén apareceu nos primeiros anos da televisión. Porén, a súa presenza no cinema foi menos habitual, destacando a súa interpretación en Network, un mundo implacable (1976), coa que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. Neste filme aparece tan só cinco minutos e corenta segundos, o que a converte na interpretación máis curta que gañou un Oscar.[1]
Tras anos sufrindo o alzhéimer finou de pneumonía aos oitenta e seis anos.
FilmografíaEditar
Filme | Ano |
---|---|
Phone Call from a Stranger | 1952 |
The Silken Affair | 1956 |
Patterns | 1956 |
Historia dunha monxa | 1959 |
The Young Lovers | 1959 |
The Garden Party | 1973 |
Network, un mundo implacable | 1976 |
Bloodline | 1979 |
The Promise | 1979 |
The Formula | 1980 |
Endless Love | 1981 |
Poltergeist | 1982 |
Two of a Kind | 1983 |
Wes Craven's Chiller | 1985 |
Robert Kennedy & His Times | 1985 |
Power | 1986 |
Deceived | 1991 |
NotasEditar
- ↑ Tim Dirks (20 de maio 2008). "Academy Awards Best Supporting Actor". filmsite.org. Consultado o 13 de xullo de 2014.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Beatrice Straight na IMDb (en inglés).