Beatrice Irene Sandström

Beatrice Irene Sandström, nada en San Francisco (California) o 9 de agosto de 1910 e finada en Motala (Suecia) o 3 de setembro de 1995, foi unha das últimas superviventes ó naufraxio do RMS Titanic.

Beatrice Irene Sandström
Nacemento9 de agosto de 1910
Lugar de nacementoSan Francisco
Falecemento3 de setembro de 1995
Lugar de falecementoMotala
NacionalidadeEstados Unidos de América
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla de Hjalmar Sandström (morto en 1925) e Agnes Sandström, irmá de Marguerite. Subiron ao RMS Titanic en Southampton como pasaxeiros de terceira clase. Durante moitos anos non recordou nada do naufraxio e podía contar só o que a outra xente contaba, pero unha vez dixo que cando ela era pequena sempre dicía: "Look, the Moon is falling down" (Mira, a lúa está a caer), Quizais recordaba as bengalas que durante o naufraxio ardían no estrelado ceo da noite do 15 de abril de 1912[Cómpre referencia].

Viviu na cidade sueca de Motala, no condado de Östergötland.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar