Beşiktaş J.K. (baloncesto)
O Beşiktaş Basketbol é un equipo de baloncesto turco que actualmente compite na Basketbol Süper Ligi, máxima categoría deste deporte en Turquía, e na Eurocup. O equipo ten a súa sede en Istambul e pertence á sociedade deportiva Beşiktaş Jimnastik Kulübü. Disputa os seus partidos no Sinan Erdem Spor Salonu, cunha capacidade para 16.500 espectadores.
Beşiktaş Basketbol | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BSL / BCL |
Fundación | 1933 |
Cores | Negro, branco |
Presidente | Fikret Orman |
Adestrador | Cengiz Üçyürek |
Vestimenta | Adidas |
Localización | |
Cidade | Istambul, Turquía |
Pavillón | BJK Akatlar Arena |
Capacidade | 3.200 |
Inauguración | 23 de abril de 2010 |
Campionatos | |
EuroChallenge | 1 (1975, 2012) |
Liga | 2 (1975, 2012) |
Copa | 1 (2012) |
Supercopa | 1 (2012) |
bjk.com.tr |
Historia
editarA sección de baloncesto do club creouse en 1933, desaparecendo en 1936 para regresar en 1940. O seu maior éxito conseguiuno en 1975, gañando por primeira e única vez a Liga Turca. En 1988 descende a segunda división, mais recuperou a súa praza na primeira categoría ao ano seguinte. En 1997 volve descender, mais debido aos problemas económicos do equipo Yildrimspor, consegue manter a categoría.[1]
Nos últimos anos, os seus mellores resultados obtívoos en 2005, cando chegou á final da liga, sendo derrotado polo Efes Pilsen S.K.,[2] e en 2008, cando acabou líder da liga regular, caendo en semifinais finalmente ante o Turk Telecom.[3]
Palmarés
editarCampeticións europeas
editar- Campións (1): 2012
Competicións domésticas
editar- Campións (2): 1975, 2012
- Subcampións (7): 1972, 1976, 1977, 1982, 1983, 2005, 2017
Copa
- Campións (1): 2012
- Subcampións (3): 1971, 1973, 2011
Supercopa
- Campións (1): 2012
- Subcampións (1): 1987
Notas
editar- ↑ eurobasket.com BESIKTAS COLATURKA ISTANBUL basketball team history
- ↑ eurobasket.com TBL: Season 2004-2005
- ↑ eurobasket.com TBL: Season 2007-2008