Batruna
Batruna foi unha cidade do reino de Biblos. Estaba moi próxima á cidade, xusto poucos km ao norte, e foi a última que sobre o -1340 conquistaron os apiru, antes de que o seu xefe Abdi-Asirta fora asasinado polos seus, ao saber da chegada dun exército exipcio. Á súa morte o rei de Biblos, Rib-Hadda, recuperouna. No período clásico foi coñecida como Botrys.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Xeografía | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Na Idade Media foi capital dunha señoría do condado de Trípoli.
É a moderna Batroun, un pequeno porto mariñeiro da costa libanesa, cunha igrexa maronita (San Xurxo), a catedral tamén do século XIX (catedral de Mar Stefan) e unha capela coñecida como Sadiyat al-Bahr (A nosa dona do mar). Tamén hai restos dunha antiga igrexa (Mar Nohra) nunha rocha das inmediacións.