Abrir o menú principal

Batrachochytrium dendrobatidis

especie de fungo

Batrachochytrium dendrobatidis
Zoosporanxio de B. dendrobatidis.
Zoosporanxio de B. dendrobatidis.
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Chytridiomycota
Clase: Chytridiomycetes
Orde: Rhizophydiales
Familia: Incertae sedis
Xénero: 'Batrachochytrium[1]
Especie: ''B. dendrobatidis''
Nome binomial
Batrachochytrium dendrobatidis
Longcore, Pessier & D.K. Nichols (1999)

Batrachochytrium dendrobatidis, tamén coñecido como Bd ou o fungo quítrido dos anfibios, é un fungo quítrido que ameaza a poboación mundial de anfibios, ós que causa a doenza denominada quitridiomicose. Trátase dun fungo dulceacuícola. Ataca a pel dos anfibios, a cal é imprescindible para a súa homeostase hídrica e gasosa e defensa inmunolóxica, danando a capa de queratina.[2] Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[3] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Dado que a pandemia de quitridiomicose sucede dende a década dos 80, discutiuse o posible papel humano na difusión do fungo. Hoxe asúmese que Xenopus laevis, unha ra empregada para efectuar o test de embarazo, puido actuar como vector propagador do fungo por todo o mundo, aínda que esta técnica empezou a difundirse en 1930 e até hai pouco máis de vinte anos non se recruou a doenza. De feito, hai investigadores que opinan que o fungo sempre estivo en contacto coas poboacións de anfibios e que só agora, cando están inmunodeprimidas por efecto do impacto humano nos ecosistemas, a súa micose faise máis patente.

NotasEditar

  1. "Batrachochytrium dendrobatidis". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited. 
  2. Department of Sustainability, Environment, Water, Population and Communities [Goberno de Australia] (ed.). "Chytridiomycosis (Amphibian chytrid fungus disease)" (PDF). Consultado o 24 de maio de 2015. 
  3. Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2000). 100 das Especies Exóticas Invasoras máis daniñas do mundo. Una selección do Global Invasive Species Database[1]. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Natureza (UICN), 12pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 de revístaa Aliens, decembro 2000. Versión traducida e actualizada: novembro 2004.