Abrir o menú principal

Batman (debuxos animados de 1969)

Batman (Batman with Robin the Boy Wonder ou The Adventures of Batman) é unha serie de debuxos animados que emitiu a CBS en 1969. Consiste nunha versión de trinta minutos dunha serie do ano anterior The Batman/Superman Hour sen os segmentos de Superman nin os de Superboy. Nos episodios aparecen Batman, Robin, Batgirl e algúns dos seus inimigos clásicos. Cada episodio presentaba unha historia en dúas partes de seis minutos e medio cada unha que se combinaba con outra historia curta[1]. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1986, presentando cada unha desas historias como se fosen capítulos independentes.

FormatoAventuras
Creado porBob Kane
IntérpretesAnimación
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Produtor(es)
executivo(s)
Estudio Filmation
Duración30 minutos por episodio (dividido en dúas historias, unha dobre)
Canle de orixeCBS
Formato de imaxe4:3

NotasEditar

  1. "Batman YTB". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 12 de setembro de 2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar