Batman: A máscara do Fantasma

filme de 1993 dirixido por Bruce Timm e Eric Radomski

Batman: A máscara do Fantasma (en inglés: Batman: Mask of the Phantasm ou tamén Batman: The Animated Movie) é un filme estadounidense de 1993 dirixido por Eric Radomski e Bruce Timm. É un filme de animación sobre o superheroe de DC Comics Batman, e é unha continuación cinematográfica de Batman: The Animated Series. Tamén é a primeira produción cinematográfica producida por Warner Bros. Animation.

Batman: A máscara do Fantasma
Ficha técnica
Título orixinalBatman: Mask of the Phantasm
Director
Produtor
Guión
Baseado en
Intérpretes
MúsicaShirley Walker
MontaxeAl Breitenbach
EstudioWarner Bros. Family Entertainment
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea25 de decembro de 1993
Duración76 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[1]
XéneroAnimación
Orzamento$6 000 000
Recadación$5 600 000[2]
Filme seguinteBatman: Baixo cero
Na rede
IMDB: tt0106364 Filmaffinity: 526741 Allocine: 133496 Rottentomatoes: m/batman_mask_of_the_phantasm Mojo: batmanmaskofthephantasm Allmovie: vm1083216 TCM: 412935 Metacritic: movie/batman-mask-of-the-phantasm TV.com: movies/batman-mask-of-the-phantasm Netlix: 287366Editar o valor em Wikidata

Escrito por Alan Burnett, Paul Dini, Martin Pasko e Michael Reaves, na versión orixinal conta coas voces orixinais de Kevin Conroy, Mark Hamill e Efrem Zimbalist, Jr. (todos eles xa participaran en The Animated Series), ademais das de Dana Delany, Hart Bochner, Stacy Keach e Abe Vigoda. Na historia, Batman tenta reconciliarse coa súa antiga amada, Andrea Beaumont, e enfróntase a un vixilante misterioso que está a asasinar ós xefes do crime da cidade de Gotham. O arguemnto está inspirado na banda deseñada Batman: Year Two de Mike W. Barr, pero conta cun antagonista orixinal, o Fantasma, no canto de The Reaper.

Notas editar

  1. "Batman: Mask of the Phantasm". American Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 4 de xuño de 2018. 
  2. "Batman: Mask of the Phantasm (1993)". Box Office Mojo. Consultado o 21 de xaneiro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar