Batalla de Zalaca
A batalla de Zalaca ou Zallaqah, tamén batalla de Sagrajas, foi unha batalla entre o exército almorábide dirixido por Yusuf ibn Tashfin e o exército cristián dirixido por Afonso VI. Os almorábides responderon á chamada á guerra das taifas que normalmente loitaban entre elas pero que se uniron para facer fronte aos reinos cristiáns do norte. As tropas unidas musulmás acabaron por superar as forzas cristiás. O campo de batalla foi, posteriormente, alcumado az-Zallaqah (chan escorregadizo) debido ao mal piso causado polo derramamento de sangue.
Batalla de Zalaca | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Combatentes | |||||||
Reino de Galicia Reino de León Reino de Castela Reino de Aragón |
Dinastía almorábide | ||||||
Comandantes | |||||||
Afonso VI | Yusuf ibn Tashfin | ||||||
Forzas en combate | |||||||
2 500 | 7 500 | ||||||
Efectos | |||||||
Mortes: 2 000 | Mortes: 3 000 |
Contexto
editarDespois de que Afonso VI capturara Toledo en 1805 e invadira a Taifa de Zaragoza, os emires das taifas máis pequenas déronse conta que non podían resistir sen axuda externa. En 1086, invitaron a Yusuf ibn Tasfin a loitar contra Afonso VI. Nese ano, respondeu á chamada de tres líderes andalusís (Al-Mu´tamid entre eles) e cruzou o estreito de Alxeciras a Sevilla. Dende alí, acompañado dos emires de Sevilla, Granada e Málaga, marchou cara a Badaxoz.[1]
Afonso VI abandonou o cerco de Zaragoza, moveu as súas tropas de Valencia e pediu axuda a Sancho I de Aragón. Finalmente os dous exércitos atopáronse ao nordeste de Badaxoz o 23 de outubro de 1086.[1]
Afonso VI tiña arredor de 2500 homes, incluíndo 1500 de cabalaría, dos cales 750 eran cabaleiros, pero foi superado polo número das forzas inimigas. Os dous líderes enviaron mensaxes antes da batalla. Yusuf ibn Tashfin é coñecido por ter ofrecido tres opcións: converterse ao islam, pagar tributo (jizyah) ou a batalla.[2]
Batalla
editarA batalla comezou o venres de madrugada cun ataque cristián. Yusuf ibn Tashfin dividiu o seu exército en tres divisións. A primeira división estaba dirixida por Abbad III al-Mu'tamid, a segunda estaba dirixida por Yusuf ibn Tashfin, e a terceira estaba formada por guerreiros africanos con talwars e xavelinas longas. Abbad III al-Mu'tamid e a súa división loitaron sós contra Afonso VI ata a tarde, entón Yusuf ibn Tashfin e a súa división uníronse á batalla e rodearon a Afonso VI e as súas tropas. As tropas de Afonso entraron en pánico e comezaron a perder terreo, entón Yusuf ordenou á terceira división do seu exército que atacase e rematase a batalla.
Consecuencias
editarMáis da metade do exército cristián pereceu na batalla. Unha fonte afirma que só 500 cabaleiros volveron, aínda que outras non dan credibilidade a esta cifra, xa que parece que sobreviviu a maior parte da nobreza. Entre os mortos figuraban os condes Rodrigo Muñoz e Vela Ovéquiz. O rei Afonso VI sufriu unha ferida nunha perna que o fixo coxear o resto da súa vida.
As baixas tamén foron importantes no bando almorábide, especialmente para os anfitrións liderados por Dawud ibn Aysa, cuxo campamento foi saqueado nas primeiras horas de batalla, e polo emir de Badaxoz, al-Mutawakkil ibn al-Aftas. O emir de Sevilla al-Mu'tamid fora ferido no primeiro enfrontamento pero o seu exemplo persoal de valor reuniu ás forzas al-Andalus nos difíciles momentos da carga inicial cristiá dirixida por Alvar Fáñez. Entre os mortos figuraba un imán moi popular de Córdoba, Abu-l-Abbas Ahmad ibn Rumayla, e tamén se sabe que os membros da familia de Ibn Khaldun morreron na batalla.[3]
A batalla foi unha vitoria decisiva para os almorábides pero as súas perdas fixeron que non fose posible seguila, e Yusuf tivo que regresar prematuramente a África debido á morte do seu herdeiro. Os reinos cristiáns non sufriron case perdas de territorio e puideron conservar a cidade de Toledo, ocupada o ano anterior. Non obstante, o avance cristián foi detido durante varias xeracións mentres ámbolos bandos se recuperaban.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 O'Callaghan, Joseph F. (1983). History of Medieval Spain: Memory and Power in the New Europe. Cornell University Press. ISBN 978-0801492648.
- ↑ Lewis, David Levering (2008). God's Crucible: Islam and the Making of Europe, 570 to 1215. W & W Norton Inc. ISBN 0-393-06472-7.
- ↑ "Ibn Khaldūn – Muslim historian". britannica.com. Consultado o 2018.