Batalla de Saint-Quentin (1914)
Batalla de San Quentín | |
---|---|
Conflito: primeira guerra mundial | |
Data: Do 29 ao 30 de agosto de 1914 | |
Lugar: Saint-Quentin, Francia | |
Resultado: Vitoria xermana, repelido o ataque francés | |
Combatentes | |
![]() |
![]() |
Comandantes | |
![]() |
![]() |
Forzas | |
V Exército francés | II Exército alemán |
Baixas | |
12.000 baixas | 7000 baixas |
A batalla de Saint-Quentin de 1914 foi unha batalla da primeira guerra mundial, tamén denominada Primeira batalla de Guise. Tivo lugar en agosto de 1914.
Desenvolvemento
editarA noite do 26 de agosto, as tropas aliadas estaban en retirada. O xeneral francés Joffre precisaba que alguén contivese o avance alemán mentres se retiraban tanto as tropas galas (no flanco dereito) como as tropas expedicionarias británicas (no flanco esquerdo). Os mandos franceses ordenaron a Lanrezac, a cargo do V Exército, atacar os alemáns atrasando o seu avance.
O día 29 pola mañá atacaron ás tropas alemás, que nos días anteriores estableceran defensas en torno a Saint-Quentin. O avance foi lento e custou moitas vidas, pero finalmente forzaron a Bullow a retroceder. Esa mesma noite, Joffre ordenou a Lanrezac que continuasen a retirada e que ó seu paso destruísen as pontes sobre o río Oise. A orde non chegou ata o día 30 pola mañá e as tropas tardaron en iniciar a marcha. Non obstante, o II Exército alemán non se desprazou e polo tanto non obstaculizou a Lanrezac.
O día 30, Bullow reportou aos seus superiores que non puidera curtar a retirada francesa. Días despois marchou cara ao río Marne en dirección a París.