Batalla de Haelen

A batalla de Haelen foi unha batalla da fronte occidental da Primeira Guerra Mundial. Produciuse o 12 de agosto de 1914 no contexto da batalla das fronteiras e enfrontou a tropas alemás dirixidas por Georg von der Marwitz e o exército belga, que finalizou cunha vitoria táctica belga.

Batalla de Haelen, parte da Batalla das fronteiras
Data: 12 de agosto de 1914
Lugar: Haelen, Bélxica
Conflito: Primeira Guerra Mundial
Resultado: Vitoria táctica belga
Combatentes
Flag of Belgium.svg Bélxica Flag of Germany (1867–1919).svg Imperio Alemán

Contexto da batallaEditar

Haelen foi unha granxa que debían atravesar as tropas xermanas no seu avance cara Francia. A toma permitiría unha boa visión do río Gete. Os alemáns chegaron aquí unha semana despois da invasión de Bélxica. Pola súa banda, os belgas organizaron un ataque para deter o avance alemán a través do seu país. A vitoria belga tamén permitiría unha reorganización da retagarda aliada.

BatallaEditar

11 de agostoEditar

O Alto Mando belga cría que os alemáns avanzarían cara Hasselt e Diest. Para deter ás tropas imperiais xermanas, o xeneral Leon de Witte foi destinado a Haelen, para protexer a ponte sobre o río Gete.

12 de agostoEditar

Na mañá do 12 de agosto, o Alto Mando belga descubriu que un importante continxente xermano se dirixía cara as posicións do xeneral Witte e enviou unha brigada de infantería de reforzo.

A batalla iniciouse ás 8 da mañá cando tropas alemás avanzaron dende Herk-de-Stad e foron atacados polos continxentes belgas. Aproximadamente 200 belgas estableceron unha posición fortificada na cervexería de Haelen. Non obstante, tiveron que abandonar o edificio cando a artillería alemá disparou a este edificio. Ao mesmo tempo, os enxeñeiros belgas derrubaban a ponte sobre o Gete. As cargas non foron suficientes e só cedeu unha parte da estrutura. Isto permitiulle aos alemáns cruzar a ponte e enviar uns 1 000 homes ao centro de Haelen. Os oficiais do exército imperial confiaban nunha fácil vitoria e correron moitos riscos. As defensas belgas estaban ben situadas e causaron un elevado número de baixas nas tropas inimigas, provocando a retirada das mesmas cara o leste de Haelen.

ConsecuenciasEditar

Para os belgas foi unha clara vitoria, pero de pouca repercusión, xa que non evitou a caída de Bélxica en mans dos alemáns. Para estes, foi un revés destacado, xa que as baixas foron moito maiores do pensado.