Abrir o menú principal

A Batalla de Crevola tivo lugar en Crevoladossola, Piemonte, na primavera de 1487 entre o exército da Confederación Suíza (Valais e Lucerna)[2][12] e tropas do Ducado de Milán,[2] pola supremacía do Val d'Ossola.

Batalla de Crevola
Parte de Campañas Transalpinas da Confederación Suíza
Reislaeufer Luzerner Schilling.jpg
Batalla de Crevola, 1487
Data 28 de abril de 1487[1]
Lugar Crevoladossola, Piemonte
Resultado Vitoria do Ducado de Milán[2][3][4]
Belixerantes
Arms of the House of Sforza.svg Ducado de Milán[2] Confederación Suíza:
Valais[4]
Lucerna[4]
Líderes
Renato Trivulzio
Giberto Borromeo
Gio. Pietro Bergamino
[5][6]
Albin von Silenen
Jost von Silenen
[3][7][8]
Forzas en combate
1 200 de cabalería[9][10]
2 000 soldados de infantería[9][10]
Total de 3 500 tropas [11]
6 000 soldados de infantería[9][11]
1 000 suízos uníronse dende a
Campaña de Saluzzo
Baixas
Descoñecidas 800-1000 mortos
[4][9][10][12]

PreludioEditar

No ano 1487 o Bispo Jost von Silenen, por motivos descoñecidos, entrou en disputa co Conde de Arona[4] que estaba baixo o señorío do Ducado de Milán.[13] O Cabaleiro Albin von Silenen, irmán do Bispo, foi designado como líder desta expedición militar.[8] En canto o Passo del Sempione se tornou transitable, a Confederación Suíza cruzou o Val d'Ossola, onde se lle uniron outros 1 000 soldados suízos que estaban de volta dende Savoia.[9]

BatallaEditar

A Confederación Suíza asediou Domo, ocupando o castelo de Mattarella e asolando os vales próximos.[2] O Duque de Milán ordenou que Ossola mantivese a Confederación inactiva mediante unha falsa negociación de paz, ata que o ducado puidese recadar un exército suficientemente grande.[13] En canto o ducado reuiníu as tropas que determinou necesarias, separounas en tres corpos distintos baixo as ordes de Renato Trivulzio, o Conde Borromeo e Gio. Pietro Bergamino.[5] Os suízos atopábanse asolando as vilas de Val Vigezzo cando foron asaltados polas tropas milanesas en tres flancos.[13] A Confederación formou un cadrado de picas dando lugar a un combate no que faleceron entre 800 e 1000 soldados suízos.[5][9] O resto das tropas suízas fuxiron cara ás montañas.[12]

ResultadoEditar

O conflito finalizou cando a Confederación Suíza negociou un tratado de paz co Ducado de Milán o 23 de xullo de 1487.[2][12] Na Ponte di Crevola, realizouse unha oratoria a Vital de Milán en recordo da vitoria.[5]

NotasEditar

  1. Historischer Verein der fünf Orte Luzern,Uri,Schwyz,Unterwalden & Zug (1838). Der Geschichtsfreund: 16.Band/Vol.14-15. Einsiedeln. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Iselin, Jacob Cristof (1742). Neu-vermehrtes historisch- und geographisches allgemeines Lexicon, Volume 3. Basel. 
  3. 3,0 3,1 Historischer Verein des Kantons Bern (1926). Archiv des Historischen Vereins des Kantons Bern. Bern. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Vögelin, Johann Konrad (1855). Geschichte der Schwizerischen Eidsgenossenschaft: Vol I-II. Zürich. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Bianchini, Francesco (1828). Le cose rimarchevoli della città di Novara: precedute da compendio storico. Novara. 
  6. Ehrenzeller, Wilhelm (1913). Die Feldzüge der Walliser und Eidgenossen ins Eschental und der Wallishandel, 1484-1494. Zürich. 
  7. Fink, Urban (2006). Hirtenstab und Hellebarde. Zürich. 
  8. 8,0 8,1 Büchi, Albert (1923). Kardinal Matthäus Schiner als Staatsmann und Kirchenfürst: Vol.1. Zürich. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Furrer, Sigismund (1850). Geschichte von Wallis. Sitten. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Rudolf, J. M. (1847). Die Kriegsgeschichte der Schweizer. Baden. 
  11. 11,0 11,1 Società storica lombarda (1889). Archivio storico lombardo: Giornale della Società storica lombarda, Volume 16. Milán. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Fäsi, Johann Conrad (1768). Staats- Und Erd-Beschreibung, Vierter Band. Zürich. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Pfyffer, Kasimir (1850). Geschichte der stadt und des kantons Luzern, Part 1. Zürich.