Batalla de Cable Street
A batalla de Cable Street foi un enfrontamento que tivo lugar en Londres o 4 de outubro de 1936 entre fascistas e antifascistas.
Historia
editarEn 1936, apoiada por diarios de gran tiraxe, a British Union of Fascists chegou a acadar os 50 000 membros. Fronte a eles, arredor do Jewish People’s Council Against Fascism and Antisemitism uníronse diferentes colectivos de diversas etnias, crenzas relixiosas e ideoloxías de esquerda que se vían atacados. creando unha fronte antifascista no East End, zona oriental de Londres habitada por sente de diversas procedencias e de clase obreira.[1]
En Cable Street tivo lugar un enfrontamento o 4 de outubro de 1936, que supuxo o inicio da caída da British Union of Fascists. Alí, liderados por Oswald Mosley e á vista da evolución política cara a unha ditadura fascista en Alemaña e Italia e o golpe de Estado en España, organizaron unha marcha para consolidarse como forza social hexemónica. Máis de 5000 fascistas enfrontáronse a máis de 300 000 antifascistas, sendo derrotados por estes, con consignas como o 'non pasarán' da defensa de Madrid. Meses máis tarde o goberno británico publicou a Public Order Act 1936, que dificultou as mobilizacións violentas.
En homenaxe á batalla de Cable Street existe un mural na mesma rúa.
Notas
editar- ↑ "Racismo y fake news: el alzamiento de la ultraderecha en el Reino Unido". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-08-07.