Batalla de Alesia
A batalla de Alesia foi unha revolta bélica que tivo lugar no ano 53 a. C., cando os galos intentaron desfacer as conquistas de Xulio César e o sometemento das tribos galas por parte das súas lexións.
Batalla de Alesia | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Unha sección reconstruída das fortificacións de Alesia | |||||||||
| |||||||||
Combatentes | |||||||||
República de Roma | Tribos galas |
Historia
editarO carismático líder galo Vercinxetórix reuniu un exército que desafiou a Roma cunha campaña de guerra de guerrillas. A persecución de César finalizou no verán do 52 a. C., cando encontraron ao exército galo acampado preto da aldea de Alesia. César ordenou aos seus lexionarios construír unha liña de fortificacións para illar o pobo como o campamento, composto por 23 fortíns unidos entre si por un foxo e un terraplén coroado por unha empalizada, con torres a intervalos de 25 m. Antes de que esta impoñente muralla estivese finalizada, a cabalería de Vercinxetórix conseguiu atravesar o cerco, aínda que sufriu moitas baixas. César intuíu que a cabalería foi enviada para organizar unha forza de rescate, polo que construíu outro anel de fortificacións mirando ao exterior. Cando na cercada Alesia a comida comezou a se esgotar, os galos enviaron as súas mulleres, nenos e anciáns fóra da aldea, pero Cesar non lles permitiu cruzar as súas liñas, condenándolles a morrer de fame na terra de ninguén que separaba ambos os dous exércitos. Como Cesar intuíu, durante o terceiro mes de asedio chegou un grande exército celta para romper o asedio. Os guerreiros galos asaltaron as liñas romanas tres veces, sempre apoiados por ataques dende o interior. O último ataque rozou o éxito cando os homes de Vercinxetórix eliminaron os defensores dunha sección de muralla cunha chuvia de frechas, xavelinas e proxectís de fonda. Porén, César reaccionou rapidamente enviando reforzos ao sector ameazado antes de liderar un continxente de infantaría e cabalaría para acabar cos galos. O exército de rescate fuxiu en desbanda. Perdida toda a esperanza, Vercinxetórix cabalgou ata o campamento romano e rendeuse, tirando a súa espada aos pés do César. Cada soldado romano recibiu un galo para vender como escravo.