O Basket Torino, coñecido por motivos de patrocinio como Reale Mutua Torino, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Turín, Piemonte. Foi fundado o 31 de maio de 2020 como sucesor do Auxilium Pallacanestro Torino. Desde a temporada 2019−20, o equipo compite na Serie A2 Basket, segunda categoría do baloncesto transalpino.

Reale Mutua Torino
Información xeral
Liga Serie A2
Fundación 31 de maio de 2020
Cores           Amarelo, azul
Presidente Italia David Avino
Adestrador Italia Edoardo Casalone
Patrocinador Reale Mutua
Localización
Cidade Italia Turín, Italia
Pavillón PalaRuffini
Capacidade 4 500
Inauguración 1961
baskettorinoofficial.com

Historia

editar

A cidade de Turín contaba cun equipo profesional na Serie A, máxima categoría do baloncento italiano. Entre os logros deste equipo estaban o chegar á final da Copa Korać en 1976 e unha Copa de Italia en 2018. Con todo, despois de meses de dificultades financeiras, o equipo perdeu a categoría, declarouse en quebra e anunciou a súa disolución.[1] Como resultado, foi fundado o Reale Mutua Basket Torino despois de que Stefano Sardara trasladase o seu club, Dinamo Academy Cagliari, desde Cagliari a Turín.[2] O equipo debutou na tempada 2019−20 na Serie A2 Basket, a segunda división de Italia. O 5 de xullo de 2019, presentouse o logotipo do equipo cun touro de Turín.

No debut do club na tempada 2019−20, Torino foi o primeiro na División Oeste cun rexistro de 18−8 antes de que se cancelase a temporada debido á pandemia de COVID-19. En xullo de 2020, un grupo de investidores turcos liderado polo adestrador de baloncesto Ergin Ataman converteuse en propietario do club. Na seguinte temporada, o equipo competiu no Grupo Verde da Serie A2, unha campaña sen o apoio en vivo dos seareiros debido á situación sanitaria. O equipo acabou a temporada regular cunha marca de 18−7, ocupando así o primeiro lugar. Na segunda fase da liga o Torino acanda o segundo lugar cun rexistro de 6−4, o que lle outorgaba o factor cancha nas primeiras eliminatorias polo ascenso. Nos cuartos de final o equipo conseguiu vencer por 3−0 contra a Mantovana, en tamén venceu por 3−0 contra o Scaligera Verona, mais nas finais saíron derrotados por 2−3 contra o Derthona Basket, equipo que finalmente conseguiu o ascenso á Serie A.

Patrocinadores

editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Reale Mutua Torino (2020–presente)
  1. "Basket: decretato il fallimento dell’Auxilium Torino, ma la pallacanestro del capoluogo piemontese ha un futuro". oasport.it (en italiano). 28 de xuño de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2019. 
  2. "Torino will have a new team in Serie A2 named Reale Mutua Torino. Sardara majority shareholder". Sportando (en inglés). 24 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar