Abrir o menú principal

As bases nitroxenadas son compostos orgánicos cíclicos, que inclúen dous ou máis átomos de nitróxeno. Son parte fundamental dos nucleósidos, nucleótidos e ácidos nucleicos. Bioloxicamente existen cinco bases nitroxenadas principais, que se clasifican en dous grupos, bases púricas (derivadas da estrutura da purina) e bases pirimidínicas (derivadas da estrutura da pirimidina). A adenina (A) e a guanina (G) son púricas, mentres que a timina (T), a citosina (C) e o uracilo (U) son pirimidínicas. As catro primeiras bases atópanse no ADN, mentres que no ARN en lugar de timina existe o uracilo.

Por comodidade, cada unha das bases represéntase pola letra indicada. Un punto fundamental é que as bases nitroxenadas son complementarias entre si, é dicir, forman parellas de igual maneira que o farían unha chave e a súa pechadura. A adenina e a timina son complementarias (A-T), ó igual que a guanina e a citosina (G-C). Dado que no ARN non existe timina, a complementariedade establécese entre adenina e uracilo (A-U). A complementariedade das bases é a clave da estrutura do ADN e ten importantes implicacións, pois permite procesos como a replicación do ADN e a tradución do ARN en proteínas.

EstruturaEditar

  • O "esqueleto" de adenina, guanina, hipoxantina e xantina é a purina, polo que toman o nome de bases purínicas.
  • O "esqueleto" de citosina, uracilo e timina é a pirimidina, son bases pirimidínicas.

PurinasEditar

Nucleobase Nucleósido
 
Adenina
 
Adenosina
A
 
Guanina
 
Guanosina
G

PirimidinasEditar

Nucleobase Nucleósido
 
Timina
 
Timidina
T
 
Citosina
 
Citidina
C
 
Uracilo
 
Uridina
U