Base Naval da Graña

Coordenadas: 43°28′39″N 8°15′40″O / 43.477463, -8.261032

A Base Naval da Graña é unha instalación militar da Armada Española situada na ría de Ferrol na Graña, Ferrol.

Base naval da Graña
Vista xeral da base da Graña dende Montefaro, Cervás, Ares.

Data de Construción:Século XVIII
País:España España
Efectivos:?
Superfice:28 hectáreas
Mapa da situación
A Graña en Galicia
A Graña
A Graña
Localización da Base Naval da Graña, Ferrol.

Historia editar

A inicios do século XVIII A Graña xunto con Ferrol pasaron a ser sede dos estaleiros reais. A principios do século XX A Graña pasou a ser base naval [1]. Actualmente as instalacións fan funcións de apoio á Armada Española. Aprovisionamento de combustible, materiais e armamento.

A base naval ten varias portas de acceso aínda que a máis empregada é o túnel de uso militar baixo o monte que vai dende A Cabana ata o interior da base. O túnel ten unha lonxitude de case un quilómetro e evita o paso polas estreitas e empinadas rúas urbanas da Graña. As instalacións están rodeadas dunha muralla na parte máis preto da cidade da Graña, o resto do perímetro é un valado de arame.

Dende o 2005 a Estación Naval da Graña ten certificación do sistema de xestión medioambiental ISO 14001:2004.

Notas editar