Basavanna, nado en Basavana Bagewadi en 1105 e finado en Kudalasangama en 1167, foi un estadista, filósofo, poeta, santo lingayat do movemento bhakti e reformador social indio durante o reino do Kalyani Chalukya/dinastía Kalachuri. Basavanna estivo activo durante o dominio de ambas as dinastías, mais acadou o cumio da súa influencia durante o reinado de Bijjala II en Karnataka.[1][2][3]

Basava
Basava statue crop.png
Nacemento1134
 Basavana Bagevadi
Falecemento1196
 Kudalasangama
EtniaDalit
RelixiónLingayatismo
Ocupaciónpoeta, filósofo, estadista e líder religioso
editar datos en Wikidata ]

Basavanna estendeu o coñecemento social mediante a poesía, coñecida popularmente como Vachanaas. Basavanna rexeitou a discriminación por xénero ou clase, as supersticións e os rituais,[4] mais introduciu o colar Ishtalinga, cunha imaxe de Shiva Liṅga,[5] para todas as persoas sen importar o seu nacemento, para que fose unha lembranza constante da devoción persoal bhakti a Shiva. Como ministro xefe do seu reino, creou novas institucións públicas como o Anubhava Mantapa (ou, o "salón da experiencia espiritual"),[6] que deu a benvida a varóns e mulleres de todas as orixes socioeconómicas para discutir abertamente cuestións espirituais e mundanas sobre a vida.[7]

As lendas tradicionais e os textos haxiográficos afirman que Basava era o fundador dos Lingayats. Porén, os estudos modernos sobre evidencias históricas como as inscricións Kalachuri afirman que Basava foi o filósofo poeta que reviviu, refiniu e deu enerxía a unha tradición xa existente.[4][1][8] O Basavarajadevara Ragale (con 13 de 25 seccións dispoñibles) polo poeta kannada Harihara (c. 1180) é a primeira información sobre a vida do reformador social e está considerado importante porque o autor era case contemporáneo do seu protagonista.[9] Unha historia completa da vida e das ideas de Basava están narradas nun texto telugu sagrado do século XIII, o Basava Purana de Palkuriki Somanatha.[10]

As obras literarias de Basavanna inclúen o Vachana Sahitya en lingua kannada. Tamén é coñecido como Bhaktibhandari (literalmente, tesoureiro da devoción),[11] Basavanna ou Basaveswara.

RecoñecementoEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Basava Encyclopædia Britannica (2012), Quote: "Basava, (flourished 12th century, South India), Hindu religious reformer, teacher, theologian, and administrator of the royal treasury of the Kalachuri-dynasty king Bijjala I (reigned 1156–67)."
  2. Ramanujan, A. K. (1973). Speaking of Śiva. Penguin. pp. 175–177. ISBN 978-0-14-044270-0. 
  3. Roghair, Gene (2014). Siva's Warriors: The Basava Purana of Palkuriki Somanatha. Princeton University Press. pp. 11–14. ISBN 978-1-4008-6090-6. 
  4. 4,0 4,1 Carl Olson (2007), The Many Colors of Hinduism: A Thematic-historical Introduction, Rutgers University Press, ISBN 978-0813540689, pages 239–240
  5. Fredrick Bunce (2010), Hindu deities, demi-gods, godlings, demons, and heroes, ISBN 9788124601457, páxina 983
  6. Jan Peter Schouten (1995), Revolution of the Mystics: On the Social Aspects of Vīraśaivism, Motilal Banarsidass, ISBN 978-8120812383, page 4
  7. SK Das (2005), A History of Indian Literature, 500–1399: From Courtly to the Popular, Sahitya Akademi, ISBN 978-8126021710, páxina 163
  8. Edward Rice (1982), A History of Kannada Literature, Asian Educational Services, ISBN 978-8120600638, páxinas 52–53
  9. Shiva Prakash (1997), p. 179
  10. Velchuri Rao and Gene Roghair (2014), Siva's Warriors: The Basava Purana of Palkuriki Somanatha, Princeton University Press, ISBN 978-0691604879, páx. 1–14
  11. Jan Peter Schouten (1995), Revolution of the Mystics: On the Social Aspects of Vīraśaivism, Motilal Banarsidass, ISBN 978-8120812383, páxinas 2–3
  12. Sivanandan, T.V. (11 de febreiro de 2011). "Basaveshwara's statue may come up in London". The Hindu. Consultado o 7 de setembro de 2013. 
  13. "Lambeth Basaveshwara - Home". www.lambethbasaveshwara.co.uk. 
  14. Image of the Prime Minister paying homage to Basaveshwara statue in London The Hindu (14 de novembro de 2015)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar