Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza

Co-catedral e basílica menor da Igrexa Católica Romana de Zaragoza, España

A Catedral-Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza é un importante templo barroco situado na cidade de Zaragoza, en Aragón, xunto ao río Ebro.

Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza


Tipoconcatedral, Monumentos do patrimonio histórico de España, basílica menor, catedral católica, Igrexa parroquial católica, santuario mariano, atracción turística, santuario e santuario Editar o valor en Wikidata
EpónimoNosa Señora do Pilar Editar o valor en Wikidata
Parte deruta mariana e Rede Mariana Europea Editar o valor en Wikidata
EstiloRococó, arquitectura barroca e arquitectura neoclásica Editar o valor en Wikidata
HistoriaHistoria de la Catedral-Basílica de Nuestra Señora del Pilar de Zaragoza (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°39′25″N 0°52′42″O / 41.656882, -0.878327
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza
ConcelloZaragoza Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónZaragoza Editar o valor en Wikidata
RúaPlaza de Nuestra Señora del Pilar Editar o valor en Wikidata
Visitas
Días abertostodos os días da semana Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1681 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
1681 – 1961construción
1681 pedra fundamental (pt) Traducir
3 de agosto de 1936 bombing of the Basilica of Our Lady of the Pillar (en) Traducir
28 de maio de 1948 Decretum "De titulo Basilicae Minoris"
6 de novembro de 1982 visita papal (pt) Traducir, → Xoán Paulo II, papa
10 de outubro de 1984 visita papal (pt) Traducir, → Xoán Paulo II, papa
2 de outubro de 2013 anarchist attack against the Basilica of Our Lady of the Pillar in Zaragoza (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura67 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude130 m Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
ArquitectoJosé Felipe de Busiñac, Felipe Sánchez e Francisco Herrera o Mozo Editar o valor en Wikidata
Dedicado aNosa Señora do Pilar Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data22 de xuño de 1904
IdentificadorRI-51-0000083
Codi SIPCA7-INM-ZAR-017-297-007 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Santa Capela da nosa Señora do Pilar, Cripta da Catedral-Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza, Main altarpiece of the Basilica of Our Lady of the Pillar (en) Traducir, Tower of Santiago (en) Traducir, Tower of Our Lady of the Pillar (en) Traducir, Tower of Saint Francis Borgia (en) Traducir, Tower of Saint Eleanor (en) Traducir, Chapel of Saint John the Baptist (en) Traducir, Chapel of St. James the Elder (en) Traducir, Vestry of the Virgin (en) Traducir, Chapel of Saint Joachim (en) Traducir, Chapel of Saint Lawrence (en) Traducir, Chapel of Saint Pedro de Arbués (en) Traducir, Chapel of St. Augustine (en) Traducir, Chapel of the Rosary (en) Traducir, Virgin of Pilar Museum (Our lady of Pilar Basilica) (en) Traducir, Chapel of Saint Braulio (en) Traducir, Chapel of Saint Anthony (en) Traducir, Chapel of Saint Joseph (en) Traducir, Chapel of Saint Anna (en) Traducir, Main vestry of the Basilica of Our Lady of the Pillar (en) Traducir, Main choir of the Basilica of Our Lady of the Pillar (en) Traducir, small choir of the Virgin (en) Traducir, chapter room in Basilica of Our Lady of the Pillar (en) Traducir e cúpula Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBbasilicadelpilar.es… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
A Basílica do Pilar xunto ao río Ebro.

Segundo a tradición, trátase do primeiro templo mariano da cristiandade, posto que nel se conserva e venera o piar -en realidade, unha columna de xaspe- que foi posto pola Virxe María quen, vivindo aínda en Xerusalén, se tería aparecido en carne mortal ao apóstolo Santiago o 2 de xaneiro do ano 40. Documentalmente non hai probas do consignado na tradición, cuxos pormenores datan de 1297 (nunha bula do papa Bonifacio VIII) e 1299 (nunha declaración dos Xurados de Zaragoza), onde por primeira vez se testemuña a advocación de «Santa María do Pilar», tras emprender en 1293 o bispo Hugo de Mataplana unha rehabilitación do edificio que ameazaba ruína, grazas ás doazóns propiciadas pola mencionada bula papal.

A historia documentada do templo remóntase ao século IX, cando segundo a Historia do traslado de San Vicente de Aimoino, se testemuña a existencia dunha igrexa mozárabe en Saraqusta dedicada a Santa María no mesmo lugar no que actualmente se encontra a basílica barroca. En torno a este templo articulábase unha das comunidades de cristiáns da cidade.

Arquitectonicamente, o templo articúlase en tres naves, de igual altura, cubertas con bóvedas de canón, nas que se intercalan cúpulas e bóvedas de prato, que descansan sobre robustos piares. O exterior é de ladrillo, seguindo a tradición de construción en ladrillo aragonesa, e o interior revogado en estuco. A nave central áchase dividida pola presenza do altar maior baixo a cúpula central. O altar está presidido polo gran retablo maior da Asunción, pertencente á Igrexa anterior, realizado polo escultor Damián Forment no século XVI, seguindo os modelos impostos do retablo gótico da veciña catedral zaragozana do Salvador (A Seo). Baixo as outras dúas cúpulas elípticas da nave central, dispúxose a Santa Capela da Virxe do Pilar, e o coro e órgano, que tamén procedían da igrexa gótica predecesora. Actualmente encóntranse desprazados ao tramo dos pés do templo, para dotar de maior espazo os fieis que ocupan a nave dende o altar maior.

O Pilar ostenta o rango de catedral dende a Bula de Unión de 1676, compartindo dende entón a sede do arcebispo de Zaragoza coa veciña catedral do Salvador. En 1948, o Papa Pío XII concedeulle o título de Basílica. É ademais dende 2007, un dos 12 Tesouros de España.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar