Bartolomea Capitanio

Bartolomea Capitanio, nada en Lovere o 13 de febreiro de 1807 e finada na mesma vila o 26 de xullo de 1833, foi unha relixiosa italiana, santa da Igrexa católica dende 1950 que celebra a súa festa o 26 de xullo.

Bartolomea Capitanio
Nacemento13 de febreiro de 1807
Lugar de nacementoLovere
Falecemento26 de xullo de 1833
Lugar de falecementoLovere
NacionalidadeReino de Italia e Reino Lombardo-Vêneto
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmonxa e mestra
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia humilde, estudou coas clarisas da súa vila e en 1822 obtivo o título de profesora e comezou a dar clase na escola local, pero dous anos despois abre unha escola na súa casa para os nenos pobres e traballou tamén no hospital local. O 21 de novembro de 1832 fundou con Vicenza Gerosa a Congregación de María Meniña, actualmente denominada Irmáns da Caridade das santas Bartolomea Capitanio e Vincenza Gerosa, pouco despois morría de tuberculose.