Bartolomé Hermida Santabaia
avogado e político galego
Bartolomé Hermida Santabaia, nado en Tui o 11 de xaneiro de 1801 e finado en Valladolid o 29 de maio de 1864,[Cómpre referencia] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1801 Tui, España |
Morte | 29 de maio de 1864 (63 anos) Valladolid, España |
Alcalde de Tui | |
1844 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarEstudou filosofía, teoloxía, leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela (1824). Ocupou cargos políticos nos gobernos do Partido Moderado. Foi alcalde de Tui en 1844, intendente de Lugo e da Coruña, e foi designado gobernador da provincia da Coruña en 1853. Foi deputado por Pontevedra (1844) e polo distrito de Betanzos en 1857. Foi gobernador civil de Zaragoza e Valladolid (1864).
Vida persoal
editarCasou con Teresa Romero, e tiveron catro fillos: Juan, Joaquín, Ramón e Vicenta.
Predecesor: ? |
Alcalde de Tui 1844 - ? |
Sucesor: ? |