Barthold Georg Niebuhr
Barthold Georg Niebuhr, nado o 27 de agosto de 1776 en Copenhague e finado o 2 de xaneiro de 1831 en Bonn, foi un historiador e político alemán de orixe danesa, fillo do explorador e cartógrafo Carsten Niebuhr.
Barthold Georg Niebuhr | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de agosto de 1776 |
Lugar de nacemento | Copenhague |
Falecemento | 2 de xaneiro de 1831 |
Lugar de falecemento | Bon |
Soterrado | Alter Friedhof Bonn |
Nacionalidade | Reino de Dinamarca e Noruega, Reino de Prusia e Dinamarca |
Alma máter | Universidade de Kiel |
Ocupación | historiador, político, diplomático, profesor universitario, economista, erudito clásico e escritor |
Pai | Carsten Niebuhr |
Irmáns | Christiane Niebuhr |
Premios | Fellow of the American Academy of Arts and Sciences |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Profesor da Universidade de Berlín desde 1810, foi pioneiro no uso do novo «método histórico crítico» nos seus traballos. A súa obra máis importante é a clásica Historia de Roma (Römische Geschichte).
Tamén concibiu un proxecto no que pretendía revisar e ampliar o orixinal de vinte e catro volumes do Corpus Byzantinae Historiae (ás veces chamado Byzantine du Louvre), publicado en París entre 1648 e 1711 baixo a dirección inicial da erudito xesuíta Philippe Labbe.[1][2] A serie, de 50 volumes de autores bizantinos denominouse Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae e tivo primeiro a súa sede na Universidade de Bonn; con todo, trala morte de Niebuhr en 1831, a supervisión do proxecto pasou ao seu colaborador Immanuel Bekker na Academia Prusiana das Ciencias de Berlín.[3]
Notas editar
- ↑ Bunsen, Brandis & Lorbell (1854) p. 483 [e tamén na carta 364 (pp. 501-502), dirixida a Savigny, con data do 29 de abril de 1827: "Xa escoitou falar da edición dos historiadores bizantinos, que estou supervisando. É un gran pracer poder inculcar deste xeito un pouco de vida á nosa obra literaria; empregar a novos filólogos; dar extensión, actividade e perfección á tipografía; contribuír co meu gran de area [sic] ao aumento da prosperidade xeral ... " ]
- ↑ Omont (1904), p. 18
- ↑ Reinsch (2010), p. 441
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Barthold Georg Niebuhr |
Bibliografía editar
- Bunsen, K.J.; Brandis, J.; Lorbell, J.W. (1854). The Life and Letters of Barthold George Niebuhr (en inglés). Nova York: Harper & Brothers. OCLC 187466277.
- Omont, H. (1904). "La collection byzantine de Labbe et le projet de J. M. Suarès". Revue des études grecques (en francés) (París) 17 (73-74): 18–32. ISSN 2260-8079.
- Reinsch, Diether Roderich (2010). "The History of Editing Byzantine Historiographical Texts". En Stephenson, Paul. The Byzantine World (en inglés). Nova York: Routledge. pp. 435–444. ISBN 978-0-415-44010-3.