Bars-M
Bars-M (índice GRAU 14F148) é unha serie de satélites de recoñecemento rusos.[1][2]
Características
editarOs satélites Bars-M son satélites de recoñecemento electroópticos deseñados para substituír os Yantar 1KFT, que devolvía as imaxes en formato de película fotográfica, e á serie Bars, cancelada a principios de 2000. Os Bars-M foron comezados a ser desenvolvidos por TsSKB Progress en 2007. Levan un sistema de imaxe electroóptico denominado Karat e un altímetro láser dual para obter datos topográficos de alta resolución. O sistema pode obter imaxes cunha resolución de 1 metro. Estímase que cada satélite ten unha masa duns 4000 kg e que teñen unha vida prevista en órbita de 5 anos. Son lanzados mediante foguetes Soiuz 2-1a.[1][2]
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Bars-M 1 | 27 de febreiro de 2015 | Soiuz 2-1a | Éxito |
Bars-M 2 | 24 de marzo de 2016 | Soiuz 2-1a | Éxito |
Bars-M 3 | 19 de maio de 2022 | Soiuz 2-1a | Éxito |
Bars-M 4 | 23 de marzo de 2023 | Soiuz 2-1a | Éxito |
Bars-M 5 | 21 de decembro de 2023 | Soiuz 2-1a | Éxito |
Bars-M 6 | 31 de outubro de 2024 | Soiuz 2-1a | Éxito |