Barrios de Toquio
Os 23 barrios especiais (特別区 tokubetsuku) constitúen a subdivisión administrativa de Toquio, no Xapón. Varían moito en tamaño (de 10 a 60 km²) e en poboación (de 40 000 a 830 000 habitantes). Setagaya é o máis populoso; e Ōta, é o que ten a maior extensión.
Existen barrios (区 ku) noutras cidades do Xapón, mais os de Toquio son especiais. Dende a década de 1970 os barrios de Toquio teñen unha autonomía maior da que teñen outros barrios, tornándose algo máis semellante a unha cidade independente que distritos dunha cidade. Cada barrio especial conta co seu propio "alcalde" (区長 kuchō) e "asemblea" (区議会 kugikai).
A poboación total dos 23 barrios é de 8,28 millóns (2002), preto de 2/3 da poboación de Toquio e un cuarto da poboación da Área do Gran Toquio. A súa densidade de poboación é de 13 333 hab./km².
Historia
editarNa zona dos barrios de Toquio ata 1943 só existía a cidade de Toquio. Neste ano a cidade de Toquio e a prefectura de Toquio (naquel momento chamábase Tōkyo-fu) uníronse e foi fundada a nova prefectura de Toquio (chámase Tōkyo-to). E na zona antiga da cidade de Toquio fixéronse 35 barrios.
Lista dos barrios
editarNome | Kanji | Poboación | Densidade pob. (por km²) |
Área (km²) |
---|---|---|---|---|
Adachi-ku | 足立区 | 621 848 | 11 688,87 | 53,2 |
Arakawa-ku | 荒川区 | 186 275 | 18 262,25 | 10,2 |
Bunkyō-ku | 文京区 | 181 065 | 16 009,28 | 11,31 |
Chiyoda-ku | 千代田区 | 37 988 | 3 263,57 | 11,64 |
Chūō-ku | 中央区 | 81 996 | 8 078,42 | 10,15 |
Edogawa-ku | 江戸川区 | 637 571 | 12 787,22 | 49,86 |
Itabashi-ku | 板橋区 | 525 969 | 16 349,67 | 32,17 |
Katsushika-ku | 葛飾区 | 426 403 | 12 238,89 | 34,84 |
Kita-ku | 北区 | 327 086 | 15 885,67 | 20,59 |
Kōtō-ku | 江東区 | 398 805 | 10 111,69 | 39,44 |
Meguro-ku | 目黒区 | 255 833 | 17 403,61 | 14,7 |
Minato-ku | 港区 | 167 098 | 8 215,24 | 20,34 |
Nakano-ku | 中野区 | 313 325 | 20 097,82 | 15,59 |
Nerima-ku | 練馬区 | 674 826 | 14 012,17 | 48,16 |
Ōta-ku | 大田区 | 661 157 | 11 119,36 | 59,46 |
Setagaya-ku | 世田谷区 | 829 624 | 14 284,16 | 58,08 |
Shibuya-ku | 渋谷区 | 201 524 | 13 337,13 | 15,11 |
Shinagawa-ku | 品川区 | 332 536 | 14 636,27 | 22,72 |
Shinjuku-ku | 新宿区 | 297 135 | 16 299,23 | 18,23 |
Suginami-ku | 杉並区 | 530 307 | 15 588,10 | 34,02 |
Sumida-ku | 墨田区 | 221 093 | 16 079,49 | 13,75 |
Toshima-ku | 豊島区 | 252 764 | 19 428,44 | 13,01 |
Taitō-ku | 台東区 | 162 685 | 16 139,38 | 10,08 |