Barlovento, La Palma

concello de España
(Redirección desde «Barlovento, Santa Cruz de Tenerife»)

Barlovento é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias). Está situado no norte da illa de La Palma.

Modelo:Xeografía políticaBarlovento, La Palma
Barlovento (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°49′38″N 17°48′14″O / 28.82719736, -17.80380608Coordenadas: 28°49′38″N 17°48′14″O / 28.82719736, -17.80380608
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor em Wikidata
CapitalBarlovento (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.944 (2023) Editar o valor em Wikidata (44,64 hab./km²)
Xeografía
Superficie43,55 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude550 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe do Rosario Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJacob Anis Qadri Hijazo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38726 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE38007 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbarlovento.es Editar o valor em Wikidata

Ten unha extensión de 43,55 km² e unha poboación de 2 231 habitantes (INE, 2011). A súa altitude é de 550 metros sobre o nivel do mar. Ten unha lonxitude de costa de 6,43 km.

Historia

editar

O actual municipio de Barlovento coincide co cantón ou señorío prehispánico de Tagaragre. Á finalización da conquista o Adiantado procedeu a realizar os repartimentos de terras e augas entre os participantes nas campañas. No ano 1508 Alonso Fernández de Lugo deu en repartimento ao seu sobriño, Pedro Fernández Señorino, quince caíches de sementeira no termo de Barlovento.

A través do porto de Talavera, Barlovento incorporouse ao comercio triangular característico das illas tras a colonización. O fin do ciclo azucreiro, a finais do XVI e o XVII marca o inicio da substitución dos canedos polos viñedos, convertendo ao viño no principal produto da economía exportadora.

Coa aplicación do establecido na Constitución aprobada polas Cortes de Cádiz, en 1812, Barlovento tivo Concello propio.

Demografía

editar

Evolución da poboación de Barlovento dende a década dos 50 ata agora:

Lugares de interese

editar
 
Panorámica de Barlovento

Conos volcánicos. Existen en Barlovento varios conos e cráteres de volcáns moi antigos. Destaca o da Laguna, situado na parte alta do pobo. Neste cráter atópase a maior presa da illa con capacidade para 3,5 millóns de m³. Xunto a este encoro, localízase un amplo espazo recreativo que dispón de parque infantil, zona de acampada, fogóns, mesas e outros servizos.

Edificios relixiosos. A igrexa da nosa Señora do Rosario, situada no centro urbano, é o edificio relixioso máis relevante. Construído no século XVI, no seu interior alberga a interesante talla flamenga, datada tamén no século XVI, da imaxe da Virxe do Rosario, patroa da localidade. Tamén é interesante visitar a Igrexa de Estanislau.

Piscinas de La Fajana. Ao norte do vello faro de Punta Cumplida, atópanse as piscinas naturais de La Fajana onde se pode gozar do baño no mar. Están formadas por 3 piscinas naturais: unha pequena, outra mediana e para rematar, unha grande, dúas dela dotadas con pequenas fervenzas, unha artificial situada na mediana e outra mais finita na grande; unha piscina para discapacitados e anciáns e unhas escaleiras que levan a unha zona no mar rodeada con algunhas rocas.

La Basta. É un pequeno casarío que se atopa situado a pouca distancia do centro urbano xunto á estrada con dirección a Gallegos. Ten unha vista panorámica (Miradoiro de La Basta) sobre a comarca norte da illa que abarca os casaríos de Gallegos, Franceses e El Tablado. Neste miradoiro pódese apreciar a maior concentración de dragos das Canarias.

Bosques. Ten Barlovento unha importante masa forestal, laurisilva, piñeiral, viñátigos... Unha ampla rede de pistas e camiños facilitan o contacto directo coa frondosa vexetación. Outros lugares de interese son: Porto de Talavera, Miradoiro da Montaña do Molino, Miradoiro de La Fajana, Regos de Lino.

A Lagoa . A Lagoa de Barlovento é o encoro de maior capacidade de todo o arquipélago canario cunha capacidade para 5 000 000 m³ de auga. Atópase á beira da área recreativa da lagoa na que se pode gozar de tempo de lecer.

Política

editar

A repartición de escanos quedou deste xeito:

CC-PNC PP PSOE Outros Total
2007 8 0 2 1 11

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar