Barebox é un xestor de arranque, (en inglés, bootloader) deseñado como ferramenta de código aberto para sistemas embebidos. Execútase nunha gran variedade de arquitecturas, incluíndo x86, ARM, MIPS, PowerPC e outros.

Barebox

Barebox é capaz de cargar a inicialización de sistemas Linux embebidos mais tamén de activar hardware ou mesmo produción de código. Barebox é altamente configurábel para a produción de binarios ou de manufactura enxuta. O nome do programa deriva dunha analoxía coa navalla suíza. Así como busybox se pode considerar a navalla suíza para o Linux embebido, barebox sería a navalla suíza do metal nu (en inglés, bare metal), termo co que se coñece ao disco duro ou hardware puro, ou bare metal server, un servidor no que se instala unha máquina virtual directamente no disco sen sistema operativo.[1]

A ferramenta editar

En sistemas Linux embebidos, o bootloader é o primeiro chanzo na inicialización do hardware cara ao punto no que o kernel acenda.

A isto o bootloader, que non engande ningún tipo de concurrencia (emprega o CRC32 para a detección de corrupcións) ou interrupcións, prové acceso directo ao hardware, polo que é moi popular entre as enxeñeiras de hardware.

En sistemas modernos, as enxeñeiras adoitan empregar o parámetro freedesktop no Barebox para seleccionar os compoñentes do sistema de Linux cos que se quere iniciar o sistema (árbore de dispositivos -en inglés, device tree-, kernel, ou sistema de ficheiros root). Con respecto á árbore de dispositivos, barebox impórtao completo dentro de /dts/src.

En sistemas con redundancia o bootloader pode determinar cal das múltiples imaxes debe arrancar. Así mesmo o programa mantén tres copias do material co que traballa por redundancia e atomicidade.

Barebox tamén conta cunha capa de seguridade permitindo a verificalidade da imaxe seleccionada. [2] Opcionalmente barebox pode activar o HMAC para a detección de cambios non autorizados.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar