Barburísidos

(Redirección desde «Barbourisiidae»)

Os Barburísidos (Barbourisiidae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluídos na orde Cetomimiformes.

Barbourisia rufa

Características

editar

Son peixes de augas mariñas, amplamente distribuídos en augas temperadas e tropicais, pero sen interese pequeiro.

Sen espiñas nas aletas, 19-22 radios brandos na dorsal e 15-18 na anal. As aletas pelvianas en posición subabdominal. A pel está cuberta de pequenas espículas.

Clasificación

editar

Coñécese un único xénero cunha única especie:

  • Xénero Barbourisia
    • Barbourisia rufa (Parr, 1945)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar