Morcego das fragas

(Redirección desde «Barbastella barbastellus»)

O morcego das fragas[1] (Barbastella barbastellus) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Vespertilionidae.

Morcego das fragas
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Vespertilioninae
Tribo: Plecotini
Xénero: Barbastella
Especie: B. barbastellus
Nome binomial
Barbastella barbastellus
Schreber, (1774)
Distribución de Barbastella barbastellus.
Distribución de Barbastella barbastellus.

Distribución de Barbastella barbastellus.
Subespecies
  • B. barbastellus subsp barbastellus, Schreber, (1774).
  • B. barbastellus subsp guanchae, Trujillo, Ibáñez e Juste, (2002).
Sinonimia
  • barbastelle, Müller, 1776
  • communis, Gray, 1838
  • daubentonii, Bell, 1836

Descrición editar

É de tamaño medio, destacan as súas orellas grandes de forma cuadrangular, unidas na fronte no seu bordo interno. O pelame é bastante escuro, entre negruzco e pardo. A femia é lixeiramente maior có macho: de 35 a 42,5 mm de tamaño e un peso entre 5,6 e 13,7 g. Este morcego emite dous tipos de sinais ultrasónicas CF-FM, curtas e moi características, con máximos de intensidade en torno 32-37 e 41-43 kHz. A súa fórmula dental é  .

Distribución editar

Está amplamente distribuído por Centroeuropa acadando o sur de Escandinavia, está presente no norte de África e na maioría das illas do Mediterráneo, , aínda que pode ser raro nestas rexións, chegando até Turquía e a península de Crimea en Ucraína. En España a maioría das observacións realizáronse na metade setentrional, áchase presente nas Illas Baleares, na illa de Mallorca e nas Canarias, nas illas de Tenerife e La Gomera.

Único representante do seu xénero en Europa. As poboacións das Illas Canarias inclúense na subespecie Barbastella barbastellus guanchae.

Hábitat editar

Trátase dun morcego pouco gregario, o tamaño das colonias adoitan ser de poucos individuos, normalmente por baixo dos 15 exemplares. Especie citada habitualmente en zonas montañosas e non especialmente asociado a zonas forestais, refúxiase tanto en árbores, como en casas e refuxios subterráneos, neste último caso sobre todo en inverno.

Ameazas editar

Ao tratarse dunha especie que en áreas forestais adoita ocupar buratos nas árbores, veríase afectado pola dispoñibilidade de árbores de tamaño suficiente. A maior parte das localizacións desta especie están situadas en edificacións antigas en ambientes rurais e poden verse afectados polos problemas habituais deste tipo de refuxios (remodelación, ruína e molestias...). Non obstante as colonias do morcego das fragas adoitan mudar con frecuencia de localización e por isto veranse menos afectadas ca outras especies que utilizan estes refuxios de forma máis estable (p. e. rinolófidos, Myotis emarginatus).

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Gonzalez, Félix (autor) L. J. Palomo, J. Gisbert y J. C. Blanco (eds) (2007). "Barbastella barbastellus". En Dirección General para la Biodiversidad -SECEM-SECEMU. Atlas y Libro Rojo de los Mamíferos Terrestres de España (PDF). Madrid. p. 241-245. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar